Xunta de Galicia
-
A Xunta busca en Uruguai novas alianzas comerciais para os sectores produtivos galegos
- Nova
O director do Igape, Javier Aguilera, vén de iniciar unha viaxe institucional a Uruguai que ten como obxectivo ampliar e mellorar as posibilidades de negocio das empresas galegas no país. Non en van, Uruguai configúrase como un mercado de crecente interese para o tecido empresarial galego, tanto polo seu potencial de crecemento –o seu PIB medrou case un 4% en 2012– como polas oportunidades de... Máis información
-
A Consellería de Cultura e Educación participa na apertura dos XV Encontros para a Normalización Lingüística
- Nova
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou esta mañá na apertura dos Encontros para a Normalización Lingüística, que este ano chegan á súa XV edición centrados na análise e no debate arredor dos 30 anos de vixencia da Lei de Normalización Lingüística de Galicia. Máis información
-
O gobernador de Iucatán traslada a Feijóo o interese en establecer nexos estables con Galicia en sectores como o eólico, o turismo, a pesca, a agroalimentación e o vitivinícola
- Nova
O gobernador do Estado de Iucatán, Rolando Zapata, trasladou, hoxe, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o interese en establecer nexos estables con Galicia en sectores como o eólico, a pesca, o turismo a agroalimentación e o sector vitivinícola. Máis información
-
Feijóo valora os avances alcanzados con Peña Nieto para o sector naval porque "México pode ter máis barcos galegos e Galicia máis investimento mexicano”
- Nova
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse hoxe satisfeito polos avances logrados para o sector naval galego na reunión que mantivo onte co titular do Goberno mexicano, Enrique Peña Nieto, porque segundo puxo de manifesto: “México pode ter máis barcos galegos e Galicia máis investimento mexicano”. Máis información
-
Feijóo apoia ante Peña Nieto a fase final das conversas entre Pemex e o naval galego para pechar novos contratos neste semestre
- Nova
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o titular do Goberno de México, Enrique Peña Nieto, acordaron hoxe reforzar a alianza estratéxica entre PEMEX e Galicia nun encontro no que o titular da Xunta apoiou as conversas entre a petroleira e estaleiros galegos para pechar novos contratos neste semestre. De xeito concreto, trátase de que Galicia siga participando na renovación da flota menor... Máis información
-
Feijóo explora vías de intercambio económico cos e coas principais emprendedores e emprendedoras de México, que se comprometen a contar con Galicia como “socio prioritario"
- Nova
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo hoxe un encontro con algúns dos e das principais emprendedoras e emprendedores de México, cos e coas que explorou posibles vías de intercambio económico e que lle manifestaron o seu interese en contar con Galicia como “socio prioritario” de cara ao futuro. Máis información
-
Feijóo salienta o papel das comunidades galegas como “embaixadas comerciais de primeira orde” para axudar ás e aos emprendedores da Galicia territorial na busca de novos mercados e de novos investidores e investidoras
- Nova
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o papel das comunidades galegas como “embaixadas comerciais de primeira orde” para axudar ás e aos emprendedores da Galicia territorial na busca de novos mercados e novas e novos investidores. Máis información
-
Feijóo e o director de Pemex fan seguimento da alianza estratéxica entre Galicia e a petroleira, nunha reunión preparatoria do encontro que o próximo luns manterá co presidente mexicano
- Nova
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o director xeral de PEMEX, Emilio Lozoya Austin, fixeron nas últimas horas seguimento da alianza estratéxica materializada na pasada lexislatura entre a Xunta de Galicia e a petroleira, nun encontro preparatorio da reunión que o titular do Goberno galego manterá o vindeiro luns co presidente mexicano, Enrique Peña Nieto. Máis información
-
Feijóo inicia a axenda oficial en México cun encontro co secretario de Economía para dar continuidade á relación privilexiada que se estableceu na lexislatura pasada e abrila a máis sectores estratéxicos de Galicia
- Nova
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, iniciou hoxe a axenda oficial en México, cun encontro co secretario de Economía do país, Ildefonso Guajardo Villarreal, para dar continuidade á relación privilexiada que se estableceu na lexislatura pasada, entre Galicia e o país norteamericano, e abrila a máis sectores estratéxicos da nosa Comunidade. Ese será tamén o obxectivo dos restantes encontros... Máis información
-
Feijóo reunirase nos vindeiros días con Peña Nieto para seguir avanzando na internacionalización das empresas galegas e nas relacións económicas entre Galicia e México
- Nova
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase nos vindeiros días co presidente dos Estados Unidos Mexicanos, Enrique Peña Nieto, para afondar e seguir avanzando na internacionalización e nas relacións económicas entre Galicia e o país azteca. Máis información