Seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega. Ano 2012
Información e Formularios de Inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que os galegos e as galegas que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia convoca distintos seminarios formativos de baile, música tradicional, obradoiros artesanais e cociña galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
Orde da convocatoria:
RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se procede á convocatoria de varios seminarios para o ano 2012 en colaboración coas entidades galegas do exterior.
Entidade convocante:
Secretaría Xeral da Emigracion
Data de publicación:
21.02.2012
Estado:
Procedemento Pechado
Destinatarios/as:
Poderán solicitar a organización destes seminarios, as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, inscritas no rexistro de comunidades galegas ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles. Modalidades convocadas:
- Seminarios de baile.
- Seminarios de gaita.
- Seminarios de percusión.
- Seminarios de pandeireta e canto.
- Seminarios de carácter artesanal.
- Seminarios de cociña galega.
Documentación:
- Formulario de solicitude para cubrir on-line* (picar aquí para descargar)
*Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento, pero non se pode gardar o documento conservando os cambios realizados.
-
Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
Lugar de presentación da documentación:
As entidades galegas presentarán as solicitudes xunto co resto da documentación na Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), na Delegación da Xunta de Galicia de Bos Aires (República Arxentina), na Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo (Uruguai), ou ben en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes:
21.03.2012 Lalín
24,00 h
Marsella
24,00 h
N.Y.
18,00 h
Santos
20,00 h



