Secretaría Xeral da Emigración

Xornada para a integración laboral da Inmigración

Contratación de estranxeiros non comunitarios non residentes en Galicia (residencia temporal e de traballo por conta allea).

Barómetro da Inmigración 2011

O Barómetro da Inmigración reflicte a visión que ten a poboación da Comunidade Autónoma de Galicia ante a inmigración. Para a súa elaboración tívose en conta a opinión dos cidadáns españois e as cidadás españolas residentes na nosa comunidade e a das cidadás e dos cidadáns estranxeiros que tamén conviven nela.

V Día da Galicia Exterior - Festival folklórico

Na carballeira de Santa Susana de Santiago de Compostela celebrouse o Festival Folklórico no que participaron os conxuntos das entidades galegas do exterior chegadas de todo o mundo para participar nesta festa da emigración, e ao finalizar o acto entregáronse diplomas conmemorativos a todos os centros participantes.
V Día da Galicia Exterior - Festival folklórico

V Día da Galicia Exterior - Acto Litúrxico

Imaxes do acto litúrxico oficiado polo arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, na Praza da Quintana de Santiago de Compostela co gallo do V Día da Galicia Exterior, ao que asistiron representantes de entidades chegadas de todo o mundo.
Acto Litúrxico Praza da Quintana (Santiago de Compostela)

V Día da Galicia Exterior - Pasarrúas

Os conxuntos folklóricos das entidades galegas no exterior percorreron as rúas e as prazas compostelanas, provocando a ledicia dos transeúntes ao encher de música a cidade do Apóstolo.
Galicia Exterior - Pasarruas

Anexos VII e VIII. Modelos Xustificación Programas Entidades Galegas 2011

Modelos de Anexos VII e VIII que deberán utilizar as entidades galegas do exterior para a presentación da documentación xustificativa dos programas de subvencións do ano 2011.  

Cómo podo estar informado/a ao día das últimas publicacións de GaliciaAberta?

Ademais da consulta habitual da nosa web, o portal GaliciaAberta dispón dun servizo de subscrición por correo-e co que diariamente se pode estar ao tanto das novas, axudas ou eventos de axenda publicados no portal. Este servizo pódese atopar na páxina de inicio do portal.

Necesito facer unha xestión coa Secretaría Xeral da Emigración e descoñezo a quén teño que dirixirme.

No apartado de Organigrama pódese atopar un diagrama co organigrama e composición da SXE así como á súa estrutura orgánica.