Novas
-
ESCOLAS ABERTAS 2012: CORRECCIÓN DE ERROS NOS LISTADOS
15.05.2012
Erro na relación de Baile tradicional galego. Informamos dun erro no listado de admitidos/as no obradoiro de Baile tradicional galego durante o proceso de formateo do arquivo para a súa publicación neste portal GaliciaAberta https://emigracion.xunta.es. O erro está subsanado e xa aparece a relación completa de 20 persoas admitidas, cando con anterioridade só figuraban 15.
Lamentamos as molestias causadas.
O equipo de GaliciaAberta - https://emigracion.xunta.es
Máis información
-
Doce títulos conforman a posta en marcha da Biblioteca Dixital da Galeguidade
13.05.2012
A iniciativa, desenvolvida pola Secretaría Xeral da Emigración, permite que as obras cheguen á e ao lector de calquera lugar do mundo. A Xunta aproveita as novas tecnoloxías, máis respectuosas co Medio Ambiente, para espallar a creación literaria relacionada coa diáspora. En cumprimento do seu obxectivo fundamental de achegar os recursos –tamén os culturais- á cidadanía no Exterior, a Secretaría Xeral da Emigración ven de poñer en marcha a Biblioteca Dixital da Galeguidade, que permitirá a consulta e baixada dos volumes que se vaian colgando na mesma.
Un total de doce obras configuran o... Máis información
-
Romay Beccaría, Camba e Ónega avalan a presentación da biografía do ex presidente venezolano Luis Herrera Campíns
11.05.2012
Asinada por Ramón Guillermo Aveledo, responsable da Mesa de la Unidad de Venezuela. O presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba Bouzas, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, acompañaron onte ao político, profesor, escritor, de ascendencia galega e secretario executivo da Mesa de la Unidad Democrática de Venezuela Ramón Guillermo Aveledo na presentación do seu libro "El llanero solidario. Verdades ignoradas sobre Luis Herrera Campíns y su tiempo", dedicado á vida e obra de quen foi... Máis información
-
Camba presenta ás entidades galegas en Alemaña os eixos fundamentais da nova Lei de Galeguidade
06.05.2012
A preservación do patrimonio e a consolidación da asistencia sociosanitaria consolídanse como as prioridades no novo texto lexislativo. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, reuniuse onte en Frankfurt am Main (Alemaña) cos presidentes das entidades integradas na Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña, para presentarlles o proxecto de reforma da Lei de Galeguidade, e coñecer as necesidades dos centros que representan.
A xuntanza, na que tamén estivo presente o xefe de gabinete da Secretaría Xeral e coordinador do texto lexislativo, Ildefonso de la Campa,... Máis información
-
Alfonso Rueda presenta o libro “El llanero solidario” do político venezolano Ramón Guillermo Aveledo
04.05.2012
Aveledo foi secretario persoal do presidente de Venezuela, Luis Herrera Campíns. O libro ofrece un acercamento á historia mais recente da América latina por voz dunha das súas persoas protagonistas.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, durante a súa intervención. Autor: Xoán Crespo
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou onte en Santiago o libro El llanero solidario do político venezolano Ramón Guillermo Aveledo, na sede da Fundación NovaGalicia
O libro que se presentou na tarde de... Máis información
-
Sorteo das prazas de actividades de Campamentos e Campos de traballo 2012
03.05.2012
Publicación da data de sorteo das prazas de actividades de Campamentos e Campos de traballo para o ano 2012 (Resolución do 30 de xaneiro de 2012).
En cumprimento do artigo 4º.5 e 4º.7 das bases reguladoras da resolución de convocatoria das prazas de actividades de Campamentos e Campos de traballo, procederase á realización do sorteo de aquelas prazas nas que o número de solicitudes admitidas sexa superior ao número de prazas ofertadas por países e tramos de idade.
O sorteo será público e realizarase nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, sita na rúa Basquiños, número 2 de... Máis información
-
Santiago Camba asiste á Festa Campestre do Centro Galego de México, multitudinario punto de encontro da colonia galega
01.05.2012
O secretario xeral da Emigración inaugura asemade a mostra “Galicia: Cen lugares para volver a mirada”. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, participa este mediodía (hora local, noitiña en Galicia) na Festa Campestre do Primeiro de Maio que organiza anualmente o Centro Galego de México, nas súas instalacións no distrito de Iztapalapa, cita que o ano pasado acadou o seu centenario. No evento, un dos máis populares da diáspora galega, a organización conta coa presenza dunhas 5.000 persoas integrantes do colectivo da emigración na capital dos Estados Unidos de México.
Camba cursou... Máis información
-
As e os emigrantes galegos nos Estados Unidos de América poderán beneficiarse do acceso á Tarxeta Sanitaria Galicia Saúde Exterior
29.04.2012
Esta tarxeta non supón ningunha variación nos dereitos das persoas usuarias, pero facilita a relación entre a Xunta e os seus administrados e administradas na diáspora . O Goberno galego amplía así a atención que xa ofrece ás persoas emigrantes en México, Arxentina, Venezuela, Uruguai e Brasil. O groso da colonia galega nos EE.UU. reside en Newark e Nova York, cidades que visita o secretario xeral da Emigración. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, en representación da Xunta de Galicia, asina tres convenios con cadansúa entidade das cidades norteamericanas de Newark (dous) e... Máis información
-
Santiago Camba resolve as inquedanzas da colectividade galega en Arxentina
24.04.2012
Os temas principais dos que falou foron a Lei da Galeguidade e a situación do Centro Gallego da capital bonaerense. As e os emigrantes galegos en Arxentina aproveitaron a visita do Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, para trasladarlle as súas preocupacións sobre a Lei da Galeguidade e o estado das negociacións co Centro Gallego de Bos Aires.
Sobre o proxecto de Lei da Galeguidade, Camba recordou que aínda se están a recibir e incorpora as achegas das asociacións no exterior.
Durante a súa estanza en Bos Aires, o Secretario Xeral da Emigración reuniuse con Carlos Vello, o... Máis información
-
Camba reunirase con medio cento de representantes da diáspora galega na Arxentina
20.04.2012
As súas visitas rematarán o domingo. A Unión de Sociedades Gallegas -que reúne máis de 40 asociacións-, os Hijos del Ayuntamiento de Boiro, o Círculo Social del Val Miñor, a Asociación Hijos de Zas e os Hijos del Ayuntamiento de Mos son as institucións que o Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, visitará na súa viaxe a Arxentina que comezou onte xoves e finaliza o domingo, día 22.
Tamén está previsto que o Secretario Xeral visite o centro Hijos del Ayuntamiento de Boiro, en Avellaneda, onde mantería unha reunión co seu presidente, Valentín Beiro Castro.
O domingo, ás 11.00 horas,... Máis información