Subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das Comunidades Galegas no Exterior para o exercicio 2012.

Versión para impresiónVersión PDFEnviar a un amigoFacebookTwitter
0 votos
Vota positivo!
Vota positivo!
Vota negativo!
Vota negativo!
1989 lecturas,
Información dos Programas de Axudas e formularios para as solicitudes de axuda.
Orde da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012.
Entidade convocante: 
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data de publicación: 
16.01.2012
Estado: 
Procedemento Pechado
Destinatarios/as: 
Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador así como as institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas, que acrediten que estean inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración.

Programas de Axudas e Subvencións:

  • Programa 1: axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
  • Programa 2: axudas ás entidades galegas no exterior para proxectos culturais, socioasistenciais, promovidos pola xuventude e accións informativas.

Documentación anexa para descargar:

Anexos Programa 1: Anexo I, Anexo III, Anexo IV e Anexo V: Formularios para cubrir online* (picar aquí para descargar).

Anexos Programa 2: Anexo II, Anexo III, Anexo IV e Anexo V: Formularios para cubrir online* (picar aquí para descargar).

*Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse tódolos cambios realizados.

Notas importantes sobre as subvencións (picar aquí para descargar)

Guía para a presentación das subvencións (picar aquí para descargar)

Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Lugar de presentación da documentación: 
As solicitudes de subvencións dirixiranse ao órgano competente, Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela-A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
17.02.2012

España

24,00 h

Arxentina

20,00 h

Uruguai

21,00 h

Europa

24,00 h