Institucións

El Tercio de Gallegos

El Tercio de Gallegos. Crónicas de un heroico regimiento voluntario, nacido para
Título: 
El Tercio de Gallegos. Crónicas de un heroico regimiento voluntario, nacido para la defensa de Buenos Aires, y precursor de la Revolución de Mayo de 1810.
Autor: 
Vázquez Rivarola, H.G.
Ano publicación: 
1999
Idioma: 
Castelán
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-2526-4
Esta obra enmárcase dentro do proxecto de recuperación dunha historia compartida pola que se afiance máis a comprensión recíproca dos pobos arxentino e galego e, desde as glorias pasadas favorecedoras dunha fraternidade cultural e social, proxéctese cara a un porvir que, tamén en numerosos aspectos, ha de ser común.

Cómo podo estar informado/a ao día das últimas publicacións de GaliciaAberta?

Ademais da consulta habitual da nosa web, o portal GaliciaAberta dispón dun servizo de subscrición por correo-e co que diariamente se pode estar ao tanto das novas, axudas ou eventos de axenda publicados no portal. Este servizo pódese atopar na páxina de inicio do portal.

Qué é GaliciaAberta?

GaliciaAberta é o portal web da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Aquí pódese atopar información sobre os programas de axudas e formativos que desenvolve a SXE para os galegos e as galegas residentes no exterior así como para os e as inmigrantes e as persoas que decidiron retornar.

Acabo de chegar a Galicia e estou tratando de atopar traballo pero tamén quero completar a miña formación; a Secretaría Xeral da Emigración oferta algún tipo de cursos?

A Secretaría Xeral da Emigración desenvolve e financia unha serie de accións formativas de utilidade tanto para inmigrantes como para emigrantes retornados; estes cursos atópanse recollidos no Plan de Formación, onde se pode atopar toda a información necesaria: nome e obxectivos dos cursos ou xornadas, lugar e datas de celebración, programas, etc...

Cultura e Educación felicita ao profesor de lingua galega Xaime Varela polo recoñecemento como 'Boa práctica 2.0.' do seu blog educativo 'Fala Londres'

Xaime Varela imparte docencia de galego no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, un dos centros preuniversitarios de fóra de Galicia onde se oferta esta materia.
O recoñecemento “boa práTICa 2.0” premia as iniciativas que garanten a incorporación das TIC á docencia con novos enfoques metodolóxicos e novas estratexias didácticas.
O conselleiro Xesús Vázquez valora o papel do blog Fala Londres para dignificar e promover a lingua galega.

"Hoxe tocar innovar", di Méndez Ferrín na presentación da nova páxina da Real Academia Galega

Inclúe o novo Dicionario electrónico, con máis de 50.000 entradas e a posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras.
O presidente valora a web como un paso adiante no proceso de modernización da institución e un salto cualitativo en canto a volume e organización de información sobre a Academia, as súas producións e arquivos. Con esta nova ferramenta a RAG reafírmase na súa vocación de servizo público e transparencia de funcionamento.

Ramón Villares, avoga en Bos Aires por «reforzar» a marca do país

Asegura que a cultura galega xogou e xoga na emigración un papel moi importante.
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, visitou Bos Aires para participar en varios actos, dentro dunha xira que tamén o levará a outras cidades de importancia histórica para a emigración galega, como son Montevideo e São Paulo.

Alfonso Rueda destaca en Madrid a relevancia da “Orde da Vieira” coma nexo de unión entre os galegos e as galegas da diáspora

Alfonso Rueda foi investido onte Cofrade da Orde da Vieira.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda resaltou onte en Madrid a especial relevancia da “Enxebre Orde da Vieira”, coma nexo de unión entre os galegos e as galegas da diáspora.