Inmigrantes
-
INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, NO ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013
- Nova
Saúdo cordialmente ao novo Presidente da Real Academia Galega, que recentemente ten tomado posesión do seu cargo;
Tamén ás autoridades presentes.
Saúdo de xeito especial á viúva e a toda familia de Roberto Vidal Bolaño;
Miñas donas e meus señores. Máis información
-
O 50% de inmigrantes de segunda xeración séntese español ou española
- Nova
O 50% dos fillos e fillas daqueles e daquelas inmigrantes que chegaron a España na década dos noventa, hoxe adolescentes, séntense españois ou españolas. A porcentaxe é aínda maior entre as e os que naceron no país (80%) fronte ás e aos que chegaron a idades temperás. Máis información
-
Aprobación listaxes provisionais de formadores/as colaboradores/as 2013
- Lista a convocatoria
Publicación das listaxes provisionais de formadores/as colaboradores/as para impartir seminarios fóra de Galicia, aprobadas por resolución do secretario xeral da Emigración de data 3 de maio de 2013. Máis información
-
A Xunta colabora con once ONGS para axudar a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e vítimas de trata
- Nova
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou once convenios de colaboración con distintas entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo programas de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e vítimas de trata con fins de explotación sexual. Máis información
-
Seminario "Dinámicas de interación, integración e conflito das comunidades estranxeiras de Monterrey", na UDC
- Evento
O venres 3 de maio ás 16,00 h., na aula de 5º da Facultade de Socioloxía da UDC, o profesor Juan Doncel de la Colina (Profesor de Socioloxía na Universidad Regiomontana, Monterrey, México) impartirá o Seminario Dinámicas de interación, integración e conflito das comunidades estranxeiras de Monterrey, organizado polo Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI), dentro da súa serie... Máis información
-
As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.604.138 en marzo
- Nova
A afiliación á Seguridade Social de cidadás e cidadáns estranxeiros aumentou en marzo de 2013 en 7.746 ocupados e ocupadas, o que equivale ao 0,49%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e por enriba da do total de persoas empregadas. Máis información
-
Gran Asado 2013 da Casa Argentina en Vigo
- Evento
O domingo 2 de xuño a partir das 14,00 h., no Restaurante Casa Herminia de Louredo (Mos), a Casa Argentina da cidade olívica celebra un Gran Asado, conmemorando as festas patrias. Máis información
-
Programas de retorno voluntario de inmigrantes
- Nova
O Ministerio de Empleo y Seguridad Social, a través da Secretaría General de Inmigración y Emigración, Dirección General de Migraciones, financia programas de retorno voluntario de persoas estranxeiras en parte cofinanciados a través do Fondo Europeo para o Retorno.
A xestión destes programas está encomendada a organizacións non gobernamentais e organizacións internacionais especializadas na... Máis información
-
O Consulado Xeral de Bolivia en Madrid realizará unha viaxe itinerante á cidade de Vigo
- Nova
O Consulado Xeral de Bolivia en Madrid comunicou a través da súa páxina web a realización dunha viaxe itinerante á cidade de Vigo (Pontevedra) os próximos días 20 e 21 de abril de 2013.
O Consulado Itinerante estará situado na Rúa Oliva nº 12-baixo (centro de Vigo, ao lado da colexiata e moi preto do mercado da Pedra e da rúa das Ostras) e atenderá o día 20 en horario de 8,30 a 18,30 horas, e o... Máis información
-
Xornada "Mulleres migrantes. Traballo de coidados e servizo doméstico"
- Evento
O xoves 2 de maio ás 9,30 h., no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, o Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI), organiza a Xornada Mulleres migrantes. Traballo de coidados e servizo doméstico.
Inscrición gratuíta: sara.bolon@udc.es
Programa: Máis información