Espazo do Consello Comunidades Galegas
A Secretaría Xeral da Emigración pon a disposición de todos os membros do Consello de Comunidades Galegas -o máximo órgano representativo das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia- este espazo colaborativo no que os centros galegos de todo o mundo teñen o seu punto de encontro coas outras entidades con galeguidade recoñecida e coa administración autonómica galega.
Aquí os membros do Consello de Comunidades Galegas, agrupados en doce espazos territoriais, poden achegar e obter información de relevancia para o seu grupo, compartir documentación e comunicarse de forma directa cos outros centros do seu ámbito xeográfico e coa SXE, para así facilitar de forma plena a súa participación na vida social e cultural de Galicia.
Para poder acceder ao espazo ten que estar rexistrado.
Para obter máis información póñase en contacto connosco.

