Comisión Delegada

A Comisión Delegada funciona como órgano permanente e reúnese anualmente.
Está composta por dezaseis membros: dous polo seu cargo, dous permanentes e doce electos.
- O Presidente da Xunta de Galicia.
- Secretario Xeral da Emigración.
Permantes:
- Un representante do Centro Gallego de Buenos Aires e outro da Casa de Galicia de Montevideo.
Electos:
- Catro vogais representantes dos centros de España inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas.
- Catro vogais representantes dos centros do resto de Europa inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas.
- Catro vogais representantes dos Centros de América inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas.
Durante o período de tempo que dure o seu mandato, a Comisión Delegada reunirase, cando menos, unha vez ao ano e, en todo caso, cando o solicite o seu presidente ou a petición da maioría simple dos seus membros.
É competencia da comisión delegada:
- Preparar as sesións do Pleno, tanto ordinarias como extraordinarias, fixando as ponencias que se deban estudar e discutir nel.
- En xeral, asesorar á Administración Autonómica na execución de accións a favor da Galicia Exterior.
A última reunión tivo lugar o día 15 de decembro de 2011 en Ourense.
![]() Documentación asociada | |
|---|---|
| Acordos da Comisión Delegada 2012 | 78.61 KB |
| Acordos da Comisión Delegada 2011 | 130.45 KB |
| Acordos da Comisión Delegada 2010 | 534.47 KB |
| Acordos da Comisión Delegada 2009 | 4.51 MB |


