Emigrantes
-
O.C. Danza en La Manzana de las Luces
- Evento
O domingo 9 de xuño ás 19,30 h., dentro do Ciclo de música celta de La Manzana de las Luces, a compañía de danza e música O.C. Danza dirixida polo coreógrafo e bailarín Óscar Cobos ofrecerá o seu espectáculo UNO, unha busca a través de novas linguaxes estéticas que revolucionan o baile de raiz galega sen perder de vista as orixes, a tradición.
Custo da entrada 40 $ (mocidade e estudantes 30$). Máis información
-
Sardiñada & Festa do Pemento 2013 en Lausanne
- Evento
O sábado 1 e o domingo 2 de xuño, na Cantine de Sauvabelin, a Asociación Cultural Galega A Roda de Lausanne organiza a Sardiñada e Festa do Pemento.
Programa: Máis información
-
Entrega de premios da VII edición do concurso literario "Contos no Mediterráneo"
- Evento
O venres 24 de maio ás 19,00 h., na sede do Centro Galego de Barcelona na Rambla, celebrarase o acto de entrega de premios do concurso literario "Contos no Mediterráneo" 2013 que convocou o Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona.
Contarase coa actuación musical de David López e Aida González. Máis información
-
Festa galega en Cornellá - XXXIII Aniversario da A.C.G. Rosalía de Castro
- Evento
Do venres 31 de maio ao domingo 2 de xuño no marco da Festa Maior de Cornellá, a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro celebra a Festa Galega de Can Mercader, conmemorando tamén o 33º aniversario da entidade.
Programa: Máis información
-
Furancho en Residentes de Mos de Bos Aires
- Evento
O sábado 8 de xuño a partir das 21,00 h., na sede da entidade, a Asociación Galega Residentes de Mos en Bos Aires organiza unha festa de Furancho.
A entrada é libre e de balde
Haberá buffet de comida, bebida e queimada
Recoméndase levar un instrumento musical e calzado cómodo
Máis información
-
Gran Festa de Navia de Suarna en Bos Aires
- Evento
O domingo 9 de xuño a partir das 13,00 h., no salón da Asociación Tuy-Salceda, a Asociación Navia de Suarna en Bos Aires organiza a súa primeira Gran Festa do ano Máis información
-
"Galicia Lendaria", en Caracas
- Evento
O venres 7 e o sábado 8 de xuño a partir das 20,00 h., no Teatro Rosalía de Castro da Hermandad Gallega de Venezuela, as e os 110 bailaríns e bailarinas do Grupo de danzas folklóricas Lembranzas presentan Galicia Lendaria, un espectáculo onde a través de seres fantásticos xurdidos no descoñecido conflúen a música e a danza, a tradición e a lenda. Máis información
-
Conferencia-Coloquio "Recuperación dos camiños rurais e históricos como rotas de sendeirismo", na A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá
- Evento
O sábado 25 de maio a partir das 19,30 h., na sede da entidade, a A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá organiza a:
Conferencia-coloquio Recuperación dos camiños rurais e históricos como rotas de sendeirismo que pronunciará Antonio Álvarez González, presidente e letrado asesor de Castiñeira e Nogueira.
Contarase tamén coa actuación musical do cantautor galego Alfredo González Vilela.
A... Máis información
-
A arquitectura viguesa nacida do diñeiro indiano
- Nova
A colección Vigo na memoria, que edita o Instituto de Estudos Vigueses, inclúe, dende esta semana, un completo estudo sobre a influencia das fortunas creadas pola emigración galega en América, as e os coñecidos popularmente como indianos, na arquitectura da bisbarra viguesa. O responsable deste extenso traballo é José Ramón Iglesias Veiga, doutor en Historia da Arte e membro numerario do... Máis información
-
Té a prol da Agrupación Folklórica Os Biosbardos, en Comodoro Rivadavia
- Evento
O domingo 9 de xuño a partir das 16,00 h., no Salón de Festas da sede da entidade, a Agrupación Folklórica Os Biosbardos do Centro Gallego de Comodoro Rivadavia organiza un Té con espectáculos, entretementos e sorteos cuxos beneficios se destinarán para a confección do vestiario dos grupos de baile infantís. Máis información