Galicia 360º

  • A Coruña - Torre de Hércules
    Vista panorámica de A Coruña dende a Torre de Hércules. Declarada Patrimonio da Humandidade pola UNESCO en 2009, a Torre de Hércules foi construída baixo as indicacións do arquitecto Caio Sevio Lupo na segunda metade do século I (ou a principios do segundo) coa finalidade de...
  • Boborás - Pazos de Arenteiro
    Vista panorámica de Pazos de Arenteiro. Nos límites do Ribeiro no ourensán concello de Boborás, e declarado conxunto histórico-artístico en 1973, Pazos de Arenteiro  amósasenos coma unha aldea que outrora –alá pola Idade Media e comezos da Moderna-  foi importante vila, sede de...
  • Ferrol - Alto de Chamorro
    Vista panorámica de Ferrol dende o alto de Chamorro. Disque na bisbarra ferrolá dise “para costa, a de Chamorro”, en referencia ao camiño que leva a este monte situado na parroquia de San Salvador de Serantes edende onde podemos gozar dunhas espectaculares vistas do Val de Serantes, da...
  • Fisterra - Faro
    Vista panorámica dende o Faro de Fisterra. As crónicas de Paulo Orosio e Lucio Anneo Floro, o autor dunha epítome da inxente e imprescindible Ab Urbe Condita de Tito Livio, recollen que Décimo Xuño Bruto “O Galaico” -aquel xeneral romano que no século II a.C. conquistara a Gallaecia tras...
  • Lugo - Plaza Maior
    Vista panorámica da Praza Maior de Lugo. Este espazo da cidade fundada en tempos de Augusto quizais xa acolleu o anfiteatro;  en tempos medievais seguiu a ser o centro da vida cotiá, comercial e institucional, pero para atopar a orixe da súa actual configuración teremos que esperar ao...
  • Mondoñedo - Plaza
    Vista panorámica de Mondoñedo. Na  sé da diócese de Mondoñedo-Ferrol atopamos esta  praza que acolle a catedral de San Martiño (s. XII), de estilo e época románicos pero logo tamén gótico e despois barroco; o pazo episcopal, o antigo consistorio ou as casas con soportais...
  • Ourense - Plaza Maior
    Vista panorámica da Praza Maior de Ourense. Do século XV datan os primeiros datos desta praza singular, con fama de ser a única en pendente de toda Europa debido a estar erixida sobre a terraza do Barbaña, o río esquecido da cidade que Roma denominou  Auriense, e solapado por un Miño...
  • Pontevedra - Plaza de la Ferrería
    Vista panorámica da Praza da Ferrería en Pontevedra. Este emblemático lugar da cidade do Lérez tomou o seu nome das forxas que antigamente existían nos soportais da praza, e hoxe en día xunta e estrutura as principais rúas desta colonia que, segundo a lenda, foi fundada por Teucro, o...
  • San Andrés de Teixido
    Vista panorámica de San Andrés de Teixido. Son numerosas as lendas -e as versións sobre as mesmas- que se contan deste máxico lugar da parroquia de Régoa, no concello de Cedeira, situado en plena Serra da Capelada, a que acolle os cantís de Vixía Herbeira, os que -din os libros-...
  • Santiago de Compostela - Plaza do Obradoiro
    Vista panorámica da Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Aquí a cotío xúntanse milleiros de homes e mulleres chegados en peregrinación dende todos os recunchos do mundo  logo dunha viaxe longa ou fugaz, escura ou luminosa, seca ou treboenta, penosa ou feliz… pero sempre...
  • Vigo - Monte da Guía
    Vista panorámica de Vigo dende A Guía. Na viguesa parroquia de Teis atopamos o Monte da Guía, ao que teremos que subir seguindo un Vía Crucis, nun camiño entre carballos e piñeiros, para chegar ata o cumio no que ao parecer estivo levantado un castro e que agora acolle unha ermida, a...