Entrevistas

  • Antón Fraguas Fraguas
    Antón Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 en Cotobade. Xa en 1928, ano da súa licenciatura, formaba parte do Seminario de Estudios Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía. Fíxose mestre en 1933, sendo represaliado e obrigado a abandoar o seu posto durante a guerra. Entre 1943 e 1950 voltou á Universidade e obtivo a cátedra de instituto, ademais de facerse director da sección de Etnografía e folclore do Instituto de Estudios... Máis información
  • Avelino Pousa Antelo
    Nado na Barcala (A Baña) o 14 de maio de 1914, cursou estudos na Universidade Pontificia Compostelá, Maxisterio en Santiago, Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza. Afiliado ás "Mocedades Galeguistas", tomou parte na propaganda do Estatuto de Autonomía de 1936. Agrarista e cooperativista, colabora coas sociedades agrarias barcalesas. En 1946 déronlle unha bolsa para a Misión Biolóxica de Galicia para prepararse para dirixir a... Máis información
  • Clotilde Iglesias
    Clotilde Iglesias, bailarina, profesora de danzas e activa participante do movemento cultural da emigración na cidade de Bos Aires. Era a filla do actor Fernando Iglesias "Tacholas", (Ourense 1909 – Bos Aires 1991), e faleceu na capital arxentina o 1 de marzo de 2013.   Máis información
  • Elixio Rodríguez Domínguez
    Naceu en Grou (Ourense) o 4 de xaneiro de 1910. Dende moi novo aproximouse á causa do galeguismo. Foi membro da Mocidade Galeguista de Ourense e de Bande. Tras a sublevación do 36, é perseguido e refúxiase na Lexión Estranxeira, e despois pasa ao bando republicano. Despois vai para Francia dende onde, e coa axuda de Castelao e Luís Soto, é evacuado para México no ano 1939. En Novembro de 1945 recibiu a visita de Castelao sendo a ultima vez que o... Máis información
  • Eugenio Fernández Granell
    Eugenio Fernández Granell naceu na Coruña o 28 de novembro 1912 e morreu en Madrid o 24 de outubro de 2001. Estudou o bacharelato en Santiago e música con D. Manuel Valverde, pasando logo ao Conservatorio de Madrid. Exiliouse en 1939 tras a derrota do exército republicano. Viviu en Francia, República Dominicana, Guatemala, Porto Rico, Los Angeles (California) y Nova York. Foi profesor en diversas universidades americanas. Colabora en revistas de... Máis información
  • Francisco Fernández del Riego
    Nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Cursou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e Madrid. Ao rematar a guerra civil, trasládase a Vigo onde participa na creación da Editorial Galaxia. Tamén participa na revista Grial. En 1963 faise cargo da Biblioteca Penzol. Autor de numerosas publicacións e impulsor de moitas actividades culturais. En 1997 foi nomeado Presidente da Real Academia Galega. Recibiu numerosos premios:... Máis información
  • Gerardo Fernandez Albor
    Naceu en Santiago de Compostela o 7 de setembro 1917. Primeiro Presidente Electo da Xunta de Galicia, tras ter renunciado á súa vida privada en pleno éxito profesional, e pórse ao servizo de Galicia na aventura da súa primeira etapa autonómica. Entregou o mellor da súa vida ao servizo de Galicia, primeiro na Comunidade Autónoma e logo levando o espírito de Galicia ao Parlamento Europeo, onde fundou e presidiu o Intergrupo Camiño de Santiago.... Máis información
  • Isaac Díaz Pardo
    Naceu o 22 de agosto 1920 en Santiago. Frecuentou desde moi neno o taller do seu pai, Camilo Díaz Baliño, no que se celebraban reunións moi na órbita das Irmandades da Fala. Rematada a guerra, ingresou na Escola de Belas Artes de San Fernando e en 1941 participou na primeira experiencia que se facía en España sobre deseño industrial, no 1948 abandonou a dedicación ás artes plásticas e comezou a súa obra de ceramista montando unha planta... Máis información
  • Lois Tobío Fernández
    Naceu o 13 de xuño de 1906 en Viveiro (Lugo). Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no ano 1923 figurou entre os fundadores do Seminario de Estudos Galegos, colaborando con diversos artigos. Redactor, con Ricardo Carvalho Calero e Alexandre Bóveda, do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de 1931, Tobío participou, xunto a Castelao, na creación do Partido Galeguista. En 1932 ingresou na carreira diplomática. Na... Máis información
  • Mariví Villaverde
    Naceu en Vilagarcía de Arousa en 1922. Filla do deputado Elpidio Villaverde. Era aínda unha nena cando sofre o seu primeiro exilio. Marcha coa súa familia para Francia, onde xa estaba o seu pai a finais do ano 1936. Nese primeiro exilio, de preto de tres anos de duración, coñece a Ramón de Valenzuela. En outubro de 1939 embarca cara a Bos Aires, xunto coa súa familia. Nese barco viaxaban tamén Amparo Alvajar e Arturo Cuadrado. Tardou cinco anos... Máis información
  • Maruxa Seoane
    María Elvira Fernández López (A Coruña, 24 de xaneiro 1912), iniciou o seu noivado con Luís Seoane pouco antes da Guerra Civil. Cando o pintor se exiliou en Bos Aires, celebraron a distancia un casamento por poderes. A súa presenza ao carón do pintor fixo que Maruxa coñecese toda a intelectualidade da época e que presenciase e colaborase nalgunhas das principais iniciativas da cultura galega no exilio, coma o Laboratorio de Formas de Galicia, a... Máis información
  • Rosa Puente
    Naceu na capital arxentina en 1930, filla única do ilustre galeguista Manuel Puente González. Cursou estudos de filosofía e letras na Universidade de Buenos Aires. Debido á estreita relación de seu pai con Castelao, integrado ao grupo de galeguistas e exiliados en Buenos Aires, Rosa Puente participou de forma activa na organización do Primeiro Congreso da Emigración Galega (1956), nos Xogos Florais do Idioma Galego (1969), na Marcha Céltica á... Máis información
  • Xaime Isla Couto
    Nace en Santiago o 23 de outubro de 1915. De pequeno trasládase a Vigo onde realizará a maior parte da súa carreira. En 1950 con outro grupo de intelectuais galegos funda a editorial Galaxia. Desde sempre, caracterizouse por transmitir os seus coñecementos á xente máis nova. Coopera en numerosas iniciativas como as Mocidades Galeguistas de Vigo, a Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, as revistas Grial e Economía de Galicia. Foi membro... Máis información