Sen Título

Seoane Sen Título, Mediados s. XX
Sen Título
1871 lecturas

Luís Seoane López (Bos Aires, 1910- A Coruña, 1979) foi debuxante, pintor, gravador e escritor. Nace en Bos Aires, fillo de emigrantes galegos, aínda que cando é un neno volve a Galicia. Estuda Dereito en Santiago e participa na actividade cultural e na loita obreira. Comeza a pintar, influído por Paul Klee. No 1936 exíliase en Bos Aires onde exerce unha intensa labor cultural como promotor de revistas, debuxante, deseñador, escritor e pintor. Foi o principal promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas, editoriais, complexo de Sargadelos, etc.). A súa obra como artista gráfico foi importantísima: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, cartelista, pintor... Luís Seoane López é un dos máis grandes plásticos galegos de todos os tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido. Acadou un grande recoñecemento, tanto en Arxentina como en Galicia. Neste debuxo representa a unha muller do rural sentada. A figura amósase dun xeito esquemático, feita con trazos rápidos. A cor está ausente e é a liña a que constrúe toda a obra. A técnica utilizada para a súa elaboración é a pluma.

máismenos
Data 
Mediados s. XX
Sen Título
Soporte / Técnica 
Pluma
Autor 
Seoane
Dimensións 
17 x 23