Sen título

Colmeiro Sen título, 1932
Sen título
3213 lecturas

Colmeiro naceu en Silleda, Pontevedra, o 7 de agosto de 1901. Cando cumpre os nove anos, os seus pais emigran á capital Arxentina. En Bos Aires, Colmeiro alternou os seus estudos primarios co debuxo. Entre os doce e os dezaseis anos rematará de consolidar a súa vocación, insistindo nun autodidactismo que reforza coa pintura do natural. O retorno de Colmeiro a Galicia en 1926 prodúcese no momento de máis efervescencia cultural e nacionalista, cando se poñen en marcha as pensións artísticas da Deputación de Pontevedra, pensións que el mesmo gozará entre 1928 e 1931. A súa pintura parte dos modos postcezannescos e, en certa maneira queda sempre patente a influencia francesa das consecuencias do impresionismo. As súas escenas características son as feiras campestres, as escenas do traballo rural, e as tarefas domésticas entre as que destaca as da elaboración do pan. Faleceu en Salvaterra do Miño (Pontevedra) en 1999. Esta obra que se atopa na Casa Galicia de Montevideo é un exemplo da temática propia de Colmeiro. Amosa a uns campesiños e campesiñas traballando nunha sega. A técnica empregada para a súa execución é o óleo.

máismenos
Data 
1932
Sen título
Soporte / Técnica 
Óleo
Autor 
Colmeiro
Dimensións 
81 x 65