De migración y exilio

Alfonso Costa De migración y exilio, Segunda metade s. XX
De migración y exilio
2959 lecturas

Alfonso Costa Beiro nace en Noia en 1943. Moi novo trasládase a Barcelona onde conseguirá realizar unha exposición en 1967. En 1972 obtén unha bolsa para coñecer Florencia, feito que terá unha influencia decisiva no seu futuro estético. En 1984 conclúe un dos seus grandes empeños, unha pintura de 2.000 metros cadrados, iniciada tres anos antes, no Instituto Frenopático de Barcelona. Os anos oitenta foron de intensa actividade para o artista, que consolidou a súa fama no estranxeiro, principalmente en Francia e en Alemaña. A pintura de Costa Beiro é dun personalísimo expresionismo lírico. Ten concomitancias con Francis Bacon, aínda que desde totais liberdades. As súas figuras danzan e posúen unha incontenible dinámica. Baseada nun prodixioso, rítmico debuxo, a materia é leve, deleída, con texturas moi ricas e contrastes tonais de efectismo de vidrieira. Prácticamente nunca se apartou dunha vaga figuración, aínda que as doses de abstracción sexan considerables. Sabe aproveitar recursos do cubismo e aínda do surrealismo en composicións medidas, na que latexa a xeometría ben dixerida. Unha enorme alegría, un ámbito lúdico preside estas pinturas nas que están o mito, o onirismo, a evocación e a idealización en perspectivas infinitas que emparentan, ás veces, co menos rigoroso Dalí, a quen sen dúbida coñece ben. A obra trátase dunha pintura abstracta. Nela destaca un elemento fundamental: a cor, que dota ao cadro dunha singular forza. Na parte superior aparece unha inscrición dun emotivo poema de Rosalía, que trata sobre a emigración. As pegadas das mans no cadro son empregadas para dotalo de maior expresividade. A técnica empregada é a de acrílico sobre tea.

máismenos
Data 
Segunda metade s. XX
De migración y exilio
Soporte / Técnica 
Acrílico sobre tea
Autor 
Alfonso Costa
Dimensións 
200 x 200