Guincho/Sintra

Rui Palma Carlos Guincho/Sintra, 1988
Guincho/Sintra
2854 lecturas

Trátase dunha escena marítima. Nela aparece unha muller sentada á beira do mar. No fondo podemos ver unha paisaxe mariña. A figura feminina é a máis elaborada e garda unha certa influencia cos modelos de mulleres modernistas, tanto no vestiario coma no peiteado. As cores son tenues e as formas aparecen difusas na paisaxe e máis detallistas na personaxe. A técnica empregada para a elaboración desta obra é a acuarela.

máismenos
Data 
1988
Guincho/Sintra
Soporte / Técnica 
Acuarela
Autor 
Rui Palma Carlos
Dimensións 
27 x 28