Centro Gallego de Rosario

Centro Gallego de Rosario, 1856
Centro Galego de Rosario
1800 lecturas

A finais de 1955 xurde a inquietude de algúns galegos e galegas residentes en Rosario de crear un Centro que as e os represente. En Rosario xa existían algúns de outras rexións españolas. A idea de fundar unha institución que agrupar a todas e tódolos galegos de Rosario xa estaba arraigada, especialmente nun grupo de trece persoas mozas que con gran entusiasmo e amor a súa terra, sentaron os fundamentos para a creación do Centro Gallego.

Na casa de D. Manuel Camino realizouse a Asamblea da fundación o 5 de novembro de 1956, designándose como primer presidente a D. Manuel Gómez. Na Asamblea do 3 de febreiro do ano seguinte preséntase e apróbase o Estatuto do Centro.

Usábase a casa da familia Camino como sede e instalacións de outros centros españois para a realización de festas e actos, pero xorde dos socios e socias o desexo de posuír casa propia. Comézase a traballar con entusiamo para lograr o obxectivo e, finalmente, adquírese en 1960 o inmoble da rúa Bos Aires 1137. Logo de varias reformas, inaugúrase a Sede Social o 8 de abril de 1961.

máismenos
Data 
1856
Buenos Aires, 1137
Autor 
Centro Gallego de Rosario
Máis imaxes do
: