Espazos do Consello Comunidades Galegas

A Secretaría Xeral da Emigración pon a disposición de todos os membros do Consello de Comunidades Galegas -o máximo órgano representativo das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia- estes espazos colaborativos no que os centros galegos de todo o mundo teñen o seu punto de encontro coas outras entidades con galeguidade recoñecida e coa administración autonómica galega.

Aquí os membros do Consello de Comunidades Galegas poden achegar e obter información, compartir documentación e comunicarse de forma directa coas outras Comunidades Galegas e coa SXE, para así facilitar de forma plena a súa participación na vida social e cultural de Galicia.

Para poder acceder ao espazo ten que estar rexistrado.

Para obter máis información póñase en contacto connosco.