Entrevistas

  • Antón Fraguas Fraguas
    Antón Fraguas Fraguas
    Antón Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 en Cotobade. Xa en 1928, ano da súa licenciatura, formaba parte do Seminario de Estudios Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía. Fíxose mestre en 1933, sendo represaliado e obrigado a abandoar o seu posto durante a guerra. Entre 1943 e 1950 voltou á Universidade e obtivo a cátedra de instituto, ademais de facerse director da sección de Etnografía e folclore do Instituto de Estudios... Máis información
  • Avelino Pousa Antelo
    Avelino Pousa Antelo
    Nado na Barcala (A Baña) o 14 de maio de 1914, cursou estudos na Universidade Pontificia Compostelá, Maxisterio en Santiago, Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza. Afiliado ás "Mocedades Galeguistas", tomou parte na propaganda do Estatuto de Autonomía de 1936. Agrarista e cooperativista, colabora coas sociedades agrarias barcalesas. En 1946 déronlle unha bolsa para a Misión Biolóxica de Galicia para prepararse para dirixir a... Máis información
  • Clotilde Iglesias
    Clotilde Iglesias
    Clotilde Iglesias, bailarina, profesora de danzas e activa participante do movemento cultural da emigración na cidade de Bos Aires. Era a filla do actor Fernando Iglesias "Tacholas", (Ourense 1909 – Bos Aires 1991), e faleceu na capital arxentina o 1 de marzo de 2013. Máis información
  • Elixio Rodríguez Domínguez
    Elixio Rodríguez Domínguez
    Naceu en Grou (Ourense) o 4 de xaneiro de 1910. Dende moi novo aproximouse á causa do galeguismo. Foi membro da Mocidade Galeguista de Ourense e de Bande. Tras a sublevación do 36, é perseguido e refúxiase na Lexión Estranxeira, e despois pasa ao bando republicano. Despois vai para Francia dende onde, e coa axuda de Castelao e Luís Soto, é evacuado para México no ano 1939. En Novembro de 1945 recibiu a visita de Castelao sendo a ultima vez que o... Máis información
  • Eugenio Fernández Granell
    Eugenio Fernández Granell
    Eugenio Fernández Granell naceu na Coruña o 28 de novembro 1912 e morreu en Madrid o 24 de outubro de 2001. Estudou o bacharelato en Santiago e música con D. Manuel Valverde, pasando logo ao Conservatorio de Madrid. Exiliouse en 1939 tras a derrota do exército republicano. Viviu en Francia, República Dominicana, Guatemala, Porto Rico, Los Angeles (California) y Nova York. Foi profesor en diversas universidades americanas. Colabora en revistas de... Máis información
  • Francisco Fernández del Riego
    Francisco Fernández del Riego
    Nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Cursou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e Madrid. Ao rematar a guerra civil, trasládase a Vigo onde participa na creación da Editorial Galaxia. Tamén participa na revista Grial. En 1963 faise cargo da Biblioteca Penzol. Autor de numerosas publicacións e impulsor de moitas actividades culturais. En 1997 foi nomeado Presidente da Real Academia Galega. Recibiu numerosos premios:... Máis información
  • Gerardo Fernandez Albor
    Gerardo Fernández Albor
    Naceu en Santiago de Compostela o 7 de setembro 1917. Primeiro Presidente Electo da Xunta de Galicia, tras ter renunciado á súa vida privada en pleno éxito profesional, e pórse ao servizo de Galicia na aventura da súa primeira etapa autonómica. Entregou o mellor da súa vida ao servizo de Galicia, primeiro na Comunidade Autónoma e logo levando o espírito de Galicia ao Parlamento Europeo, onde fundou e presidiu o Intergrupo Camiño de Santiago.... Máis información
  • Isaac Díaz Pardo
    Isaac Díaz Pardo
    Naceu o 22 de agosto 1920 en Santiago. Frecuentou desde moi neno o taller do seu pai, Camilo Díaz Baliño, no que se celebraban reunións moi na órbita das Irmandades da Fala. Rematada a guerra, ingresou na Escola de Belas Artes de San Fernando e en 1941 participou na primeira experiencia que se facía en España sobre deseño industrial, no 1948 abandonou a dedicación ás artes plásticas e comezou a súa obra de ceramista montando unha planta... Máis información
  • Lois Tobío Fernández
    Lois Tobío Fernández
    Naceu o 13 de xuño de 1906 en Viveiro (Lugo). Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no ano 1923 figurou entre os fundadores do Seminario de Estudos Galegos, colaborando con diversos artigos. Redactor, con Ricardo Carvalho Calero e Alexandre Bóveda, do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de 1931, Tobío participou, xunto a Castelao, na creación do Partido Galeguista. En 1932 ingresou na carreira diplomática. Na... Máis información
  • Mariví Villaverde
    Mariví Villaverde
    Naceu en Vilagarcía de Arousa en 1922. Filla do deputado Elpidio Villaverde. Era aínda unha nena cando sofre o seu primeiro exilio. Marcha coa súa familia para Francia, onde xa estaba o seu pai a finais do ano 1936. Nese primeiro exilio, de preto de tres anos de duración, coñece a Ramón de Valenzuela. En outubro de 1939 embarca cara a Bos Aires, xunto coa súa familia. Nese barco viaxaban tamén Amparo Alvajar e Arturo Cuadrado. Tardou cinco anos... Máis información