e-Biblioteca da Galeguidade

  • Asociacionismo Galego no exterior. Tomo I. Asociacionismo Galego no exterior. Tomo I. - 2001 - Sixirei, C.; Campos, X. R.; Fernández, E.
    "Na publicación que teñen nas súas mans, figuran as grandes e pequenas historias das institucións ou centros galegos no mundo, que se manteñen en actividade, coa súa finalidade inicial, estatutaria, modificada polo transcurso do tempo, polos cambios de idade nos seus socios, pola esixencia de novas necesidades, pola adaptación a novos modos de vida." Esta obra recolle os datos, descrición das actividades e evolución histórica das entidades galegas do exterior. Neste primeiro volume atópanse...
  • Asociacionismo Galego no exterior. Tomo II. Asociacionismo Galego no exterior. Tomo II. - 2001 - Sixirei, C.; Campos, X. R.; Fernández, E.
    "Na publicación que teñen nas súas mans, figuran as grandes e pequenas historias das institucións ou centros galegos no mundo, que se manteñen en actividade, coa súa finalidade inicial, estatutaria, modificada polo transcurso do tempo, polos cambios de idade nos seus socios, pola esixencia de novas necesidades, pola adaptación a novos modos de vida." Esta obra recolle os datos, descrición das actividades e evolución histórica das entidades galegas do exterior. Neste segundo volume atópanse os...
  • Autoconcepto en hijos de emigrantes Autoconcepto en hijos de emigrantes - 1999 - Lobato Martínez, J.M.
    A partir do recoñecemento pola historiografía galega das últimas décadas do fenómeno da emigración como un factor crucial que inflúe nos cidadáns e as cidadás desta terra, converténdose nunha característica común da poboación galega ao longo da historia -e de forma moi acentuada no último século-, o autor considera que a personalidade das e dos implicados, ten que verse afectada dalgunha forma. Así, neste traballo buscou posibles influencias da emigración no colectivo fillos e fillas de...
  • Casas de Indianos Casas de Indianos - 2000 - Bores Gamundi, F. (Coord.)
    «Dalgún modo podería dicirse que en Galicia se aprendeu o progreso, cos seus adiantos, inventos e melloras, moito antes polo contaxio e o ensino de América que polas noticias e influencias que puidesen chegar do resto de España. [...] Oportuno é lembrar as amplas e admirativas miradas dos nenos das aldeas e parroquias, fai xa bastantes anos, cando tiñan ante os seus ollos a figura do "indiano", moi frecuentemente "cubano" ou "habaneiro", que espertaba fantasías e desexos que chegada a mocidade...
  • Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia - 1999 - Manuel Castiñeira, V. e Martín García, C. A.
    "Tras un longo día de viaxe semellaba que seguíamos estando en Galicia, non polas condicións físico-climáticas -fomos no inverno austral- senón pola extraordinaria e calurosa acollida dos membros da colectividade galega alí residente". Así relatan os autores deste traballo a súa chegada a Comodoro Rivadavia para, a través dunha bolsa de estudos, realizar unha estancia na Universidad Nacional de la Patagonia. Isto, unido á contribución decisiva e o ánimo amosado pola directiva do centro galego...
  • El Tercio de Gallegos. Crónicas de un heroico regimiento voluntario, nacido para El Tercio de Gallegos - 1999 - Vázquez Rivarola, H.G.
    Esta obra enmárcase dentro do proxecto de recuperación dunha historia compartida pola que se afiance máis a comprensión recíproca dos pobos arxentino e galego e, desde as glorias pasadas favorecedoras dunha fraternidade cultural e social, proxéctese cara a un porvir que, tamén en numerosos aspectos, ha de ser común. O Tercio de Gallegos foi un dos batallóns voluntarios de milicias populares formados para a Defensa de Bos Aires ante as invasións británicas, acaecidas entre os anos 1806 e 1807....
  • Galegos en América e americanos en Galicia. As colectividades inmigrantes en Amé Galegos en América e americanos en Galicia - 1999 - Cagiao Vila, P. (Comp.)
    A pretensión das páxinas desta obra é a de seguir botando luz sobre o fenómeno migratorio galego desde a dobre perspectiva de proceso que contribuíu tanto á transformación da historia de Galicia, como á formación dalgunhas sociedades americanas. E isto faise ademais desde ópticas diversas, sobre distintos períodos cronolóxicos e partindo de variados tipos de fontes. Todas e cada unha das contribucións -baixo a exclusiva responsabilidade de cada autor ou autora dos distintos traballos aquí...
  • Galleguidad en la Argentina Galleguidad en la Argentina - 1999 - Andrade Cobas, J.R.
    " [...] quero deixar ben establecido que non son investigador histórico nin experto en cuestións da emigración propiamente dita. A miña experiencia limítase a todo o aprendido durante case 50 anos de residencia na República Arxentina e ás circunstancias que me levaron a entrar en contacto coa colectividade española en xeral e particularmente a galega. Por iso expreso aquí as miñas opinións baixo un punto de vista persoal, que pode ou non axustarse ao rigor histórico ao que non pretendo...
  • Justa distribución del sufragio como poder Justa distribución del sufragio como poder - 1998 - Lois Estévez, J.
    Esta obra recolle formulacións e buscas a favor dunha concepción máis lóxica do Dereito e dunha máis verídica Xustiza e que aquí, nesta valiosa achega, se relacionan pola intención de asentar ao poder nun sistema democrático. Se o obxecto dun libro é o de facer pensar os lectores e as lectoras e remover as ideas rutineiras que se mantiñan por inercia e, mesmo, por inmobilismos habituais, é dificil de imaxinar que, tras ler con detemento estas reflexións, se poida seguir apegado ás anteriores...
  • La emigración gallega al Río de la Plata La emigración gallega al Río de la Plata - 2000 - Samuelle Lamela, C.
    A autora, nesta obra froito da súa tese doutoral, afirma que: "A sociedade rioplatense actual sería impensable sen a presenza da comunidade galega. Pola súa banda, Galicia sentou as súas bases nese éxodo transoceánico, que ten tras de si múltiples biografías, esgazaduras e historias entrañables por rescatar e contar". O traballo céntrase nos distintos aspectos do vivir das galegas e dos galegos no Río da Prata, especialmente os referidos ao Uruguai, para ofrecer unha visión global do acontecer...