Qué é?

Consello de Comunidades Galegas

O Consello de Comunidades Galegas, creado pola Lei Galega 4/1983, do 15 de xuño, de Recoñecemento da Galeguidade, é o órgano representativo das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia. Con carácter deliberante e funcións consultivas, o Consello asesora á Administración autonómica no cumprimento dos fins establecidos na Lei 4/1983.

A súa organización e funcionamento regúlase no Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento, modificado polo Decreto 195/1991, do 30 de maio, e polo Decreto 261/1992, do 17 de setembro.

Compoñen o Consello de Comunidades Galegas:

  1. Presidente: O presidente da Xunta de Galicia.
  2. Vogais: Os conselleiros de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Educación e Ordenación Universitaria, Economía e Industria, Traballo e Benestar, Cultura e Turismo e Sanidade.
  3. O Secretario Xeral da Emigración.
  4. O Secretario Xeral para o Deporte.
  5. O Secretario Xeral para o Turismo.
  6. Un representante do Consello da Cultura Galega.
  7. Un representante da Real Academia Galega.
  8. Un representante de cada unha das tres universidades galegas.
  9. Un representante por cada unha das comunidades inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas.
Documentación asociada
Documentación asociada
Lei Galeguidade 4/1983 do 15 de xuño32.91 KB
Decreto 261/1992 do 17 de setembro430.45 KB
Decreto 195/1991 do 30 de maio17.6 KB
Decreto 4/1987 do 8 de xaneiro1.74 MB
Decreto 3/1987 do 8 de xaneiro1.62 MB