Asociación de inmigrantes
Barómetro da Inmigración 2011
O Barómetro da Inmigración reflicte a visión que ten a poboación da Comunidade Autónoma de Galicia ante a inmigración.
Para a súa elaboración tívose en conta a opinión dos cidadáns españois e as cidadás españolas residentes na nosa comunidade e a das cidadás e dos cidadáns estranxeiros que tamén conviven nela.
Cómo podo estar informado/a ao día das últimas publicacións de GaliciaAberta?
Ademais da consulta habitual da nosa web, o portal GaliciaAberta dispón dun servizo de subscrición por correo-e co que diariamente se pode estar ao tanto das novas, axudas ou eventos de axenda publicados no portal. Este servizo pódese atopar na páxina de inicio do portal.
Son galego/a residente no exterior e quería saber se existe preto de onde vivo algunha entidade onde se reúnan outros galegos e galegas.
No apartado Centros e Asociacións pódese atopar un completo directorio dos centros galegos espallados por todo o mundo, que levan a cabo diversas actividades culturais, recreativas e mesmo nalgúns casos asistenciais e sanitarias.
Qué é GaliciaAberta?
GaliciaAberta é o portal web da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Aquí pódese atopar información sobre os programas de axudas e formativos que desenvolve a SXE para os galegos e as galegas residentes no exterior así como para os e as inmigrantes e as persoas que decidiron retornar.
Acabo de chegar a Galicia e estou tratando de atopar traballo pero tamén quero completar a miña formación; a Secretaría Xeral da Emigración oferta algún tipo de cursos?
A Secretaría Xeral da Emigración desenvolve e financia unha serie de accións formativas de utilidade tanto para inmigrantes como para emigrantes retornados; estes cursos atópanse recollidos no Plan de Formación, onde se pode atopar toda a información necesaria: nome e obxectivos dos cursos ou xornadas, lugar e datas de celebración, programas, etc...
Barómetro da Inmigración 2010
O Barómetro da Inmigración reflicte a visión que ten a poboación da Comunidade Autónoma de Galicia ante a inmigración.
Para a súa elaboración tívose en conta a opinión dos cidadáns españois e as cidadás españolas residentes na nosa comunidade e a das cidadás e dos cidadáns estranxeiros que tamén conviven nela.
Benestar outorgou en Lalín 22 axudas de emerxencia social entre xaneiro e abril
O presuposto municipal do 2012 para atender casos de primeira necesidade ascende a 15.000 euros.
O Centro de Información á Muller de Vilalba (Lugo) estrea un servizo de teletradución a 51 idiomas
Ofrecido sen custo pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellora a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero estranxeiras, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz.
En total, sete CIMs da provincia xa dispoñen deste sistema, amais de Vilalba, os de Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte, Mondoñedo e Palas de Rei.