Novas
Buscador de novas dos últimos 6 meses
-
Emigración asina en Montevideo un convenio de colaboración co maior hospital mutualista de América Latina
18.05.2013
O secretario xeral da Emigración asistiu, ademais, ao concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez na capital uruguaia, en beneficio doutra entidade senlleira, o Hogar Español de Ancianos. O éxito deste concerto, similar ao celebrado hai uns días en Bos Aires a favor das e dos afectados polas inundacións de La Plata, demostran os bos froitos que dá a colaboración entre as entidades galegas do exterior. Rodríguez Miranda visita asemade nesta fin de semana tres localidades do interior de Arxentina con elevada presenza da diáspora galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
-
INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, NO ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013
17.05.2013
Saúdo cordialmente ao novo Presidente da Real Academia Galega, que recentemente ten tomado posesión do seu cargo; Tamén ás autoridades presentes. Saúdo de xeito especial á viúva e a toda familia de Roberto Vidal Bolaño; Miñas donas e meus señores. Os galegos sabemos que Babel non foi unha maldición. Por experiencia podemos afirmar que a proliferación de linguas non estaba destinada a crear confusión entre os homes e mulleres, senón a apreixar mellor a realidade. Os galegos temos que estar de acordo coa fermosa idea de que a obra da humanidade era demasiado grande e complexa para ser... Máis información
-
A Diáspora en Uruguai celebra o Día das Letras Galegas cun concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez
16.05.2013
A iniciativa, a beneficio do Hogar Español de Ancianos de Montevideo, súmase a moitas outras coas que a Galicia do Exterior conmemora a data. O concerto contará coa asistencia do secretario xeral da Emigración, que comeza unha nova viaxe por Uruguai e Arxentina. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, empeza mañá venres, Día das Letras Galegas, unha nova viaxe oficial polas repúblicas de Uruguai e Arxentina, nas que aproveitará para coñecer novos enclaves da diáspora galega. Miranda aterrará en Montevideo co tempo de saudar en primeiro lugar ao embaixador español en... Máis información
-
O 50% de inmigrantes de segunda xeración séntese español ou española
15.05.2013
O maior estudo realizado neste país confirma un avance constante cara á integración. As e os expertos atribúeno a que non se formaron grandes guetos. O 50% dos fillos e fillas daqueles e daquelas inmigrantes que chegaron a España na década dos noventa, hoxe adolescentes, séntense españois ou españolas. A porcentaxe é aínda maior entre as e os que naceron no país (80%) fronte ás e aos que chegaron a idades temperás. Así o conclúe a Investigación Lonxitudinal sobre a Segunda Xeración en España, elaborada polo Instituto Universitario Ortega y Gasset e a Universidade de Princeton, publicada onte... Máis información
-
Hijos del Partido de Lalín celebrou o seu 103 aniversario
14.05.2013
A xornada contou con centos de asociados e asociadas que se achegaron ata o Centro Gallego na Habana. A Sociedad Hijos del Partido de Lalín celebrou recentemente o seu 103 aniversario cunha xornada socio cultural que tivo como escenario o salón do antigo palacio do Centro Gallego na Habana e en presenza de centos de asociados e asociadas. A presidenta do colectivo, Marina García Moreira, destacou o labor desenvolvido ao longo de máis dun século e a figura dos fundadores: Cándido Lamas, presidente; o vicepresidente Manuel Lorenzo e o secretario Máximo López. Unha directiva que agrupou na... Máis información
-
A caravana da película galega ‘Vilamor’ chegou a Cataluña
13.05.2013
O secretario xeral da Emigración asistiu en Hospitalet ao primeiro acto de presentación do filme. A película de Ignacio Vidal Vilamor aterrou na Casa Galega de Hospitalet (Barcelona) acompañada dos actores e a actriz protagonistas, Rubén Riós, Xoél Yáñez y Sabela Arán, e o seu director Ignacio Vidal, onde foi presentada o pasado venres, 10 de maio, pola tarde. Foi o primeiro dunha serie de actos de presentación en diferentes lugares de Cataluña co gallo das Letras Galegas 2013, organizados a iniciativa de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, a través do seu delegado de Xuventude,... Máis información
-
Cuxhaven celebrou con éxito a súa 36ª Festa da Primavera
13.05.2013
Numeroso público, autoridades locais e de Vilanova de Arousa -irmandada con esta cidade xermana da Baixa Saxonia- e representantes doutros centros da nosa diáspora en Alemaña asistiron a esta xa tradicional cita da colectividade galega residente nas beiras do Mar do Norte. O sol acompañou no primeiro sábado do mes de maio ás e os habitantes da cidade alemá de Cuxhaven e ás numerosas persoas asistentes á celebración da tradicional festa de primavera que o centro galego asentado nas beiras do Mar do Norte organiza cada ano. O primeiro e segundo alcaldes da cidade de Cuxhaven, Dr. Ulrich Getsch... Máis información
-
López Abella reúnese coa presidenta de ASFEM para coñecer o seu programa de acompañamento a mulleres inmigrantes
11.05.2013
O ano pasado a Secretaría Xeral da Igualdade subvencionou con máis de 5.000 euros á asociación, axudando a 42 mulleres de 12 nacionalidades diferentes. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse este venres coa presidenta da Asociación sociocultural Formación e Emprego (ASFEM), Pilar Iglesias Osorio, para coñecer os resultados do programa de apoio e acompañamento a mulleres inmigrantes en risco de exclusión social, co que colaborou a Xunta o ano pasado. O ano pasado a Secretaría Xeral da Igualdade subvencionou con máis de 5.000 euros -concedidos a través da convocatoria a... Máis información
-
Presentación do libro "Historia de la emigración pontevedresa en Buenos Aires"
10.05.2013
A obra das profesoras e os profesores Xosé Manuel Malheiro, Xosé M. Núñez Seixas, Pilar Cagiao, Rocío Botana e Pilar Rojo, e editada pola Deputación de Pontevedra, analiza as particularidades da diáspora en cada unha das comarcas pontevedresas. A Deputación de Pontevedra presentou o martes 30 de abril o libro Historia de la emigración pontevedresa en Buenos Aires escrito polos profesores e as profesoras das Universidades de Santiago e da Coruña, especialistas en temas migratorios, Xosé Manuel Malheiro, Xosé Manuel Núñez Seixas, Pilar Cagiao, Rocío Botana e Pilar Rojo Otero. A publicación... Máis información
-
Miranda confía en que o camiño da unión de centros galegos encetado en Cataluña se estenda axiña fóra de España
09.05.2013
“Temos motivos para crer que o proceso reorganizador poida pronto ser unha realidade en Alemaña, Venezuela, Cuba, Brasil, e mesmo Arxentina e Uruguai”, salienta o secretario xeral da Emigración nunha entrevista na Cadea Cope. “A diáspora estanos botando unha man importantísima na proxección exterior da economía galega, e neste senso os resultados en México son bo exemplo”, destacou o alto cargo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, confía en que o proceso de unión de entidades que se materializou a pasada fin de semana por 15 centros galegos presentes en Cataluña, e á... Máis información











