Novas
Buscador de novas dos últimos 6 meses
-
Feijóo viaxará a Cuba no segundo semestre deste ano coa prioridade de reforzar o apoio aos 38.000 galegos e galegas afincados nese país e afondar en vínculos económicos
21.05.2013
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ten previsto realizar unha viaxe a Cuba no segundo semestre deste ano 2013, nunha visita que terá como prioridade reforzar o apoio aos galegos e galegasque residen nese país, así como afondar nos vínculos económicos entre Galicia e a illa cubana. O obxectivo principal de Feijóo será visitar aos 38.000 galegas e galegos que residen en Cuba para coñecer de primeira man a súa situación e as súas demandas, de forma que a Xunta poida dar continuidade á permanente defensa dos intereses sociais e asistenciais da colectividade galega na illa... Máis información
-
O Centro Gallego de Rosario homenaxeou a Rosalía de Castro
21.05.2013
O acto, organizado co gallo do 150º aniversario da publicación de "Cantares Galegos", contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro. Tamén se descubriu unha placa alusiva á reinauguración da biblioteca desta histórica entidade galega no país austral, que en 2015 xa será centenaria. O pasado domingo, 19 de maio, o Centro Gallego de Rosario organizou unha homenaxe a Rosalía de Castro no Parque da Independencia da cidade rosarina. Celebrado diante do busto que lembra á insigne poetisa... Máis información
-
Un total de 160 descendentes de emigrantes convivirán con 80 mozos e mozas galegos nos campamentos de verán de Xuventude
20.05.2013
Esta iniciativa permitirá que as e os descendentes de galegos poidan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles aportarán as actividades que protagonizarán nos campamentos. Xa está aberto o prazo para poder participar en calquera destas iniciativas, as e os interesados poderán realizar a inscrición seguindo as instrucións publicadas na web http://xuventude.xunta.es. Terán lugar nas residencias xuvenís LUG II de Lugo e Florentino López Cuevillas de Ourense, así como no albergue de Gandarío da Coruña durante dúas quendas de 12 días no mes de xullo... Máis información
-
Emigración asina en Montevideo un convenio de colaboración co maior hospital mutualista de América Latina
18.05.2013
O secretario xeral da Emigración asistiu, ademais, ao concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez na capital uruguaia, en beneficio doutra entidade senlleira, o Hogar Español de Ancianos. O éxito deste concerto, similar ao celebrado hai uns días en Bos Aires a favor das e dos afectados polas inundacións de La Plata, demostran os bos froitos que dá a colaboración entre as entidades galegas do exterior. Rodríguez Miranda visita asemade nesta fin de semana tres localidades do interior de Arxentina con elevada presenza da diáspora galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
-
INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, NO ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013
17.05.2013
Saúdo cordialmente ao novo Presidente da Real Academia Galega, que recentemente ten tomado posesión do seu cargo; Tamén ás autoridades presentes. Saúdo de xeito especial á viúva e a toda familia de Roberto Vidal Bolaño; Miñas donas e meus señores. Os galegos sabemos que Babel non foi unha maldición. Por experiencia podemos afirmar que a proliferación de linguas non estaba destinada a crear confusión entre os homes e mulleres, senón a apreixar mellor a realidade. Os galegos temos que estar de acordo coa fermosa idea de que a obra da humanidade era demasiado grande e complexa para ser... Máis información
-
A Diáspora en Uruguai celebra o Día das Letras Galegas cun concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez
16.05.2013
A iniciativa, a beneficio do Hogar Español de Ancianos de Montevideo, súmase a moitas outras coas que a Galicia do Exterior conmemora a data. O concerto contará coa asistencia do secretario xeral da Emigración, que comeza unha nova viaxe por Uruguai e Arxentina. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, empeza mañá venres, Día das Letras Galegas, unha nova viaxe oficial polas repúblicas de Uruguai e Arxentina, nas que aproveitará para coñecer novos enclaves da diáspora galega. Miranda aterrará en Montevideo co tempo de saudar en primeiro lugar ao embaixador español en... Máis información
-
O 50% de inmigrantes de segunda xeración séntese español ou española
15.05.2013
O maior estudo realizado neste país confirma un avance constante cara á integración. As e os expertos atribúeno a que non se formaron grandes guetos. O 50% dos fillos e fillas daqueles e daquelas inmigrantes que chegaron a España na década dos noventa, hoxe adolescentes, séntense españois ou españolas. A porcentaxe é aínda maior entre as e os que naceron no país (80%) fronte ás e aos que chegaron a idades temperás. Así o conclúe a Investigación Lonxitudinal sobre a Segunda Xeración en España, elaborada polo Instituto Universitario Ortega y Gasset e a Universidade de Princeton, publicada onte... Máis información
-
Hijos del Partido de Lalín celebrou o seu 103 aniversario
14.05.2013
A xornada contou con centos de asociados e asociadas que se achegaron ata o Centro Gallego na Habana. A Sociedad Hijos del Partido de Lalín celebrou recentemente o seu 103 aniversario cunha xornada socio cultural que tivo como escenario o salón do antigo palacio do Centro Gallego na Habana e en presenza de centos de asociados e asociadas. A presidenta do colectivo, Marina García Moreira, destacou o labor desenvolvido ao longo de máis dun século e a figura dos fundadores: Cándido Lamas, presidente; o vicepresidente Manuel Lorenzo e o secretario Máximo López. Unha directiva que agrupou na... Máis información
-
A caravana da película galega ‘Vilamor’ chegou a Cataluña
13.05.2013
O secretario xeral da Emigración asistiu en Hospitalet ao primeiro acto de presentación do filme. A película de Ignacio Vidal Vilamor aterrou na Casa Galega de Hospitalet (Barcelona) acompañada dos actores e a actriz protagonistas, Rubén Riós, Xoél Yáñez y Sabela Arán, e o seu director Ignacio Vidal, onde foi presentada o pasado venres, 10 de maio, pola tarde. Foi o primeiro dunha serie de actos de presentación en diferentes lugares de Cataluña co gallo das Letras Galegas 2013, organizados a iniciativa de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, a través do seu delegado de Xuventude,... Máis información
-
Cuxhaven celebrou con éxito a súa 36ª Festa da Primavera
13.05.2013
Numeroso público, autoridades locais e de Vilanova de Arousa -irmandada con esta cidade xermana da Baixa Saxonia- e representantes doutros centros da nosa diáspora en Alemaña asistiron a esta xa tradicional cita da colectividade galega residente nas beiras do Mar do Norte. O sol acompañou no primeiro sábado do mes de maio ás e os habitantes da cidade alemá de Cuxhaven e ás numerosas persoas asistentes á celebración da tradicional festa de primavera que o centro galego asentado nas beiras do Mar do Norte organiza cada ano. O primeiro e segundo alcaldes da cidade de Cuxhaven, Dr. Ulrich Getsch... Máis información











