Novas
Buscador de novas dos últimos 6 meses
-
A Xunta promoverá a fusión de entidades galegas no exterior para lograr maior eficiencia e ofrecer mellores servizos
09.04.2013
O vicepresidente presentou hoxe no Parlamento a Lei de Galeguidade, que fomenta a participación da mocidade e das mulleres nos centros galegos. Destaca a participación e o consenso na elaboración da nova norma e agarda vontade construtiva na Cámara para enriquecer aínda máis o texto. En total, o proxecto de lei recoñece un total de 21 dereitos nos ámbitos social, cultural e tamén na esfera económica. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu hoxe no Parlamento galego o proxecto de Lei de galeguidade, un texto que actualiza a norma de 1983 e do que destacou que, entre outras... Máis información
-
A Xunta de Galicia solicítalle a Google a tradución ao galego do sistema operativo Android
08.04.2013
No marco do Plan de Software Libre 2013, que desenvolverá máis 120 actuacións para impulsar o seu uso no sector empresarial, na sociedade en xeral e avanzar na súa implantación na Administración. No último trimestre do ano a Xunta contará cunha análise pormenorizada para poder elaborar o plan de migración a software libre dos ordenadores dos empregados e empregadas da Administración Xeral. Os sistemas de monitorización do Corazón dixital de Galicia xestionaranse sobre software libre. Dotaranse 300 novas aulas con kits dixitais con solucións libres. Cidadanía e empresas terán acceso gratuíto a... Máis información
-
Presentado o libro “Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955”, de Valentín Paz-Andrade, editado por Emilia García López
08.04.2013
Con prólogo de Ramón Villares, reúne notas e descricións das viaxes de Valentin Paz-Andrade por América como delegado da FAO. O periplo inclúe Nova York, México, Colombia, Brasil e Chile. O libro Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955, de Valentín Paz-Andrade (con introducción, estudo e notas de Emilia García López) foi presentado o mércores 3 de abril no Consello da Cultura Galega nun acto presidido polo titular da institución, Ramón Villares. Acompañaron á responsable da edición o editor Henrique Alvarellos, a profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez... Máis información
-
Cultura e Educación, a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, presta un debuxo de Federico García Lorca para a exposición ‘Back Tomorrow: A Poet in New York’
05.04.2013
Trátase da obra titulada “Hombre y joven marinero” debuxada por Lorca en 1929 e que pertence á colección pictórica do premio Nobel padronés que se conserva en Iria Flavia. A exposición ‘Back tomorrow: A poet in New York. Federico García Lorca’, organizada pola Fundación Federico García Lorca, Acción Cultural Española (AC/E) e The New York Public Library, mostra por primeira vez manuscritos, cartas, debuxos e diversos documentos relacionados cun dos libros de poesía máis influentes do século XX, na cidade onde xurdiron os poemas. Coa mostra que acollerá a New York Public Library inaugúrase o... Máis información
-
Escenas da Galicia urbana, rural e mariñeira compoñen a mostra pictórica 'Costumismo galego', que se exhibe na Casa de Galicia
04.04.2013
A exposición pode visitarse ata o 26 de abril na Casa de Galicia en Madrid. De Vidal Martín Palacios, pintor namorado de Galicia e en especial da Serra de Barbanza e a Ría de Muros e Noia. Costumismo galego, a exposición de pintura de Vidal Martín Palacios que se exhibe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid dende hoxe ata o próximo día 26 recrea escenas galegas urbanas, rurais e mariñeiras nas que se desenvolveron as vivencias galegas deste artista toledano namorado de Galicia e en especial da Serra de Barbanza e da Ría de Muros e Noia, que frecuenta dende hai tres... Máis información
-
A Policía aceptou unha recomendación da Defensora del Pueblo para identificar ás e aos menores estranxeiros que cheguen de forma irregular
03.04.2013
Esta recomendación evitará a vulneración de dereitos fundamentais destes e destas menores e contribuirá a mellorar a detección efectiva de potenciais vítimas de trata ou doutros delitos. A recomendación foi formulada no informe "La trata de seres humanos en España: víctimas invisibles". A Dirección General de la Policía aceptou unha recomendación da Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, para que se identifique ás e aos menores estranxeiros que cheguen a España de forma irregular e así evitar situacións de risco para estas e estes menores. Esta recomendación foi formulada no... Máis información
-
Julio Ramón Santamarina López, reelixido presidente da Agrupación Artística Gallega de La Habana
02.04.2013
Esta histórica entidade, fundada no 1919, é coñecida en Cuba como a "Decana das Sociedades Culturais". No transcurso do acto fíxoselle entrega a Georgina Ceballos Nazábal do título honorífico de Asociado de Honra, polo meritorio labor realizado a favor da asociación, como integrante da súa Xunta Directiva durante dúas décadas. Na sede social da Agrupación Artística Gallega, sita en Zulueta #658 entre Gloria e Apodaca, A Habana, Cuba, celebrouse este domingo, 31 de marzo, o acto de toma de posesión da Xunta Directiva electa o pasado 13 de xaneiro, a que rexerá os destinos da... Máis información
-
Santiago Formoso, o emigrante galego que xogou con Pelé e Cruyff
01.04.2013
Natural de Vigo, marchou para os EE.UU. con quince anos. Chegou a xogar no New York Cosmos e na selección norteamericana de fútbol. Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto ou Johan Cruyff. Eses foron algúns dos compañeiros de equipo de Santiago Formoso, descoñecida figura galega do fútbol, triunfador nos Estados Unidos e protagonista doutra emotiva experiencia da emigración. O seu incrible periplo vital é o que recollerá o documental Alén do Cosmos, un proxecto que busca o último apoio en forma de financiamento para rematar unha historia de película. Cuco Pino, Rubén Pardiñas e o xornalista Pedro... Máis información
-
Cultura e Educación e o Consello da Cultura Galega reunirán un coro de 400 nenas e nenos para cantar a Rosalía
29.03.2013
Xesús Vázquez Abad presentou a actuación musical educativa ‘No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía’, na que participará alumnado de entre 8 e 12 anos dos conservatorios e das escolas de músicas de toda Galicia. O concerto, que se enmarca na celebración do 150.º aniversario de ‘Cantares Gallegos’, realizarase o 7 de xuño na compostelá praza da Quintana e previamente os rapaces ensaiarán na Cidade da Cultura de Galicia. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega reunirán un coro de 400 nenos e nenas para cantar os versos de Rosalía... Máis información
-
ExportGalicia, unha base de intelixencia de mercados internacionais
27.03.2013
Ademais de recoller toda a información relativa aos servizos e apoios do IGAPE á internacionalización, Exportgalicia.com permite consultar ferramentas e bases de datos con información actualizada sobre os negocios internacionais. Exportgalicia.com é unha base de intelixencia de mercados do IGAPE en Internet co obxecto de axudar ás empresas galegas no seu proceso de internacionalización. Levouse a cabo en asociación coa empresa francesa Export Enterprises, que conta con importantes premios internacionais como o “Really Useful Site Award” outorgado pola Federation of International Trade... Máis información
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »











