Novas
Buscador de novas dos últimos 6 meses
-
O Ministerio de Trabajo y Seguridad Social publica os datos estatísticos das persoas estranxeiras con certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor
14.02.2013
En Galicia son 99.501 persoas, o que supón o 1,86 % do total de España. Nas provincias galegas, a listaxe está encabezada pola Coruña (36.922 persoas), seguida por Pontevedra (34.330), Ourense (14.799) e Lugo (13.450). A nivel estatal, Cataluña é a comunidade con maior número de estranxeiros e estranxeiras residentes con 1.228.754 persoas (un 22,92 % do total do estado). Os últimos datos publicados correspóndense ao terceiro trimestre de 2012. O Ministerio de Empleo y Seguridad Social publica, trimestralmente, os datos referidos aos estranxeiros e estranxeiras residentes en España que... Máis información
-
Conde destaca a cooperación dos galegos e as galegas no exterior como clave para identificar novos mercados para Galicia
13.02.2013
O conselleiro salienta nun encontro da Rede de Asociacións de Empresarios de Orixe Galego no Exterior o seu papel fundamental para “aproveitar o potencial exportador galego e atraer inversión estranxeira directa cara Galicia”. O responsable de Economía e Industria lembra a aposta do Goberno galego pola internacionalización, eido ao que se destinan este ano 20 millóns de euros. Conde sinala que “buscamos de forma activa que novos proxectos recoñezan na marca Galicia unha excelente oportunidade de inversión”. O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a importancia... Máis información
-
O investigador mexicano Roberto Breña presentou o seu libro "Las independencias hispanoamericanas y la revolución liberal española"
12.02.2013
O libro, en clave de alta divulgación, analiza distintos aspectos da historia político-intelectual do ciclo revolucionario hispánico no seu conxunto. O Consello da Cultura Galega acolleu o pasado día 4 a presentación do libro El imperio de las circunstancias. Las independencias hispanoamericanas y la revolución liberal española, de Roberto Breña, profesor-investigador do Centro de Estudios Internacionales de El Colegio de México. Interviron Ramón Villares, presidente do CCG; Roberto Breña; Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na Universidade de Santiago, e José María Portillo,... Máis información
-
Susana López Abella reúnese coa asociación Faraxa para ofrecerlle o apoio da Xunta na loita contra a prostitución
11.02.2013
Igualdade destinará máis de 360.000 euros a programas de atención a mulleres en situación de prostitución e trata, case un 20% máis que no exercicio anterior. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociación Faraxa pola abolición da prostitución, ás e aos que lle reiterou o apoio que a Xunta de Galicia lles vén prestando desde a súa creación, no ano 2009. Precisamente, a Secretaría Xeral da Igualdade leva financiando a esta asociación os últimos catro anos con máis de 45.000 euros destinados a desenvolver programas para a... Máis información
-
Onte rematou a Semana Cultural do Centro Galego de Lleida
11.02.2013
Conferencias, obradoiros para as e os máis cativos, a presentación da revista da entidade, a asemblea xeral ordinaria, a actuación do Coro Cengallei e o Xantar de Irmandade foron os actos máis destacados desta xa tradicional cita organizada pola entidade galega da cidade ilerdense. O pasado luns 4 de febreiro ás 19,00 h o presidente da entidade, D. Xosé Terceiro Folgar, a Rexedora Delegada de Drets Civils, Cooperació i Igualtat do Concello de Lleida, María Rosa Ball i Papiol, e a tamén Rexedora do concello de Lleida, Dna. Gemma Batalla Casanovas, inauguraban a Semana Cultural do Centro... Máis información
-
Máis de 40 empresas galegas interésanse polo mercado británico nun encontro coa plataforma Pexga de Londres
08.02.2013
O mercado do Reino Unido ocupa o quinto posto entre os principais clientes das empresas exportadoras galegas. As exportacións realizadas ata novembro de 2012 ascenderon a 645 millóns de euros, un 5% máis que en todo o ano anterior. A sede do Igape acolleu encontros personalizados nos que se ofreceu asesoramento ás empresas interesadas en iniciar ou ampliar a súa internacionalización cara o país. Entre os participantes destacaron sectores como o alimentario, téxtil, moble, ou o de actividades relacionadas coa investigación e o desenvolvemento. Máis de 40 empresas galegas participaron esta... Máis información
-
Novidades Tributarias: obrigas tributarias para as persoas con bens patrimoniais no exterior
07.02.2013
Novidades tributarias introducidas pola Lei 7/2012 do 29 de outubro (BOE 30/10/2012) de modificación da normativa tributaria e orzamentaria e da adecuación da normativa financeira para a intensificación das actuacións na prevención e loita contra o fraude. NOVIDADES TRIBUTARIAS INTRODUCIDAS POLA LEI 7/2012 DO 29 DE OUTUBRO (BOE 30/10/2012) DE MODIFICACIÓN DA NORMATIVA TRIBUTARIA E ORZAMENTARIA E DA ADECUACIÓN DA NORMATIVA FINANCEIRA PARA A INTENSIFICACIÓN DAS ACTUACIÓNS NA PREVENCIÓN E LOITA CONTRA O FRAUDE. A lei 7/2012 do 29 de outubro, establece que as e os obrigados tributarios deberán... Máis información
-
O Portal de Inmigración da Unión Europea xa está dispoñible en español
07.02.2013
Ofrece información de utilidade para a cidadanía daqueles países que non pertencen á Unión Europea e queren trasladarse a un dos 27. Onde solicitar un permiso de traballo alemán? As cidadás e os cidadáns chilenos necesitan permiso de residencia para estudar en Italia? A quén pode pedir axuda se foi explotada ou explotado no traballo? O Portal de Inmigración da UE responde a estas e outras preguntas. Con ocasión do Cumio UE-CELAC, que se celebrou do 26 ao 28 de xaneiro en Santiago de Chile, lanzouse a versión en español do Portal de Inmigración da UE. Este sitio web ofrece información práctica... Máis información
-
Xesús Vázquez Abad visita no Mupega ‘Luces de alén mar’, unha mostra que dá conta do intenso traballo feito pola emigración galega en América a prol do fomento educativo
06.02.2013
O conselleiro de Cultura e Educación participou xunto ao secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e ao presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, na visita á exposición itinerante que chega ao centro de referencia no ámbito educativo, o Museo Pedagóxico de Galicia. O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, visitaron hoxe no MUPEGA a exposición Luces de alén mar. O percorrido foi guiado... Máis información
-
Hoxe celébrase o 18º cabodano de Maruja Mallo
06.02.2013
A máis recoñecida das artistas galegas do século XX pasou grande parte da súa vida na Arxentina, Uruguai e os EE.UU. Transgresora coas convencións sociais do seu tempo, negóuselle ata hai pouco un lugar na historia da pintura galega e española. Nacida en Viveiro, a profesión do seu pai -funcionario de aduanas- levouna a residir en distintas provincias españolas até a definitiva instalación da familia en Madrid en 1922. Anos máis tarde ingresa na Academia de Belas Artes e empeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española, algúns deles e delas... Máis información
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »











