A Xunta aposta por impulsar a representación da muller e da xuventude no seo das comunidades galegas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda participaron hoxe no acto de clausura da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, reunida na Biblioteca América da USC.

A Comisión estudou o Plan Integral de Emigración 2014-2016, que blinda o investimento en materia social tamén na Galicia do Exterior, e moi especialmente para os colectivos en situación de maior precariedade.

  • O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda participaron hoxe no acto de clausura da xuntanza anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas
    O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda participaron hoxe no acto de clausura da xuntanza anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela o día do comezo da xuntanza da Comisión Delegada do CCG
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela o día do comezo da xuntanza da Comisión Delegada do CCG
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2014.

O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda participaron hoxe no acto de clausura da xuntanza anual da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, máximo órgano de representación e reflexión entre plenarios do Consello, que tivo lugar na Biblioteca América da Universidade de Santiago de  Compostela, onde reflexaron a aposta da Xunta por impulsar a representación da muller e da xuventude no seo destas comunidades.

No acto de peche, Rueda destacou que o futuro da Galicia exterior está na unión e na participación das mulleres e da xuventude en postos de dirección, e polo tanto de decisión, dentro dos centros galegos. As mulleres, comezan a estar máis visibles nos órganos de dirección dos centros das comunidades galegas, así como a máis xóvenes que aportan dinamismo, ilusión renovada e renovados coñecementos fronte á experiencia e serenidade de xeracións anteriores.  

Xusto antes da clausura polo vicepresidente, a Comisión estudara o informe sobre as actuacións a levar a cabo en materia de muller e mocidade. En palabras do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, “a análise das posibilidades de actuación nestas dúas materias son de especial relevancia”.

“Por unha parte –dixo o secretario xeral-, para dar visibilidade ao importante papel das mulleres na diáspora galega, tanto no pasado como na actualidade, pois na medida en que as comunidades galegas aumenten a representación feminina achegaranse á súa propia composición real societaria. E, canto á mocidade, o relevo xeracional nesas comunidades unicamente se pode garantir mediante unha axeitada incorporación, presenza e co responsabilidade na toma de decisións por parte das xeracións máis novas”.

Esta filosofía foi plenamente compartida polas e polos membros da Comisión, que se comprometeron a trasladar o informe e as súas recomendacións perante as súas propias comunidades, e en cadanseu ámbito territorial, coa finalidade de dar pulo ás iniciativas que favorezan un maior desenvolvemento da muller e a mocidade nos respectivos órganos de representación.

Plan de Emigración 2014-2016
Antes da análise destes dous aspectos fundamentais para o presente e o futuro na organización das comunidades galegas no Exterior, persoal directivo do departamento que dirixe Miranda presentou perante as e os membros da Comisión Delegada o Plan Integral da Emigración 2014-2016, recentemente aprobado polo Consello da Xunta. Este Plan, entre outros aspectos salientables, blinda o investimento en materia social para os colectivos da diáspora en situación máis precaria, aspecto fundamental na acción de goberno no Executivo galego.

A Comisión recibiu ao longo destas dúas xornadas a visita do novo reitor da USC, Juan Viaño; da xerente da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do seu homólogo de Cultura, Anxo Lorenzo; e do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.

Na devandita primeira xornada, ademais do balance anual presentado polo secretario xeral, analizouse o informe en relación coa entrada en vigor do Decreto polo que se regula o recoñecemento e a revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento, recentemente aprobado polo Consello da Xunta, e que supón o primeiro desenvolvemento normativo da Lei da Galeguidade aprobada o pasado ano polo Parlamento de Galicia.

As e os membros da Comisión tamén puideron coñecer o anteproxecto de decreto polo que se aproba a organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, materia na que non existía ata o momento desenvolvemento regulamentario, e que podería entrar en vigor xa na celebración do XI Plenario deste Consello, prevista para o ano que vén.

Composición da Comisión
Forman parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas catorce membros en representación de cadansúa entidade, auténtica depositaria da representación. Destes 14 membros, doce son electos (catro en representación da diáspora en España, catro da de Europa, e catro da de América) e dous natos.

Tralo plenario do último Consello, foron elixidos pola demarcación española a Agrupación Cultural Saudade de Barcelona, o Centro Galego de Salamanca, a Agrupación Fillos de Galicia de Sestao (Biscaia), e o Lar Galego de Sevilla. Pola demarcación europea, saíron electos o Centro Galego de Lisboa, o Centro Cultural Galego de Frankfurt, o Centro Galego de Londres, e o seu homólogo de Bruxelas.

Por parte da diáspora en América, represéntana a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Galego de Montevideo, a Asociación Unión do Partido Xudicial de Ordes de Bos Aires, e a Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana. Son arestora membros natos da Comisión o Centro Galego de Bos Aires, e a Casa Galicia de Montevideo.

1258 lecturas