As universidades de Barcelona, Baía e Heidelberg falarán galego

A Xunta asinou un acordo para que inclúan no seu plan de estudos materias de lingua, literatura e cultura galegas.

Listen to this page using ReadSpeaker
20 de setembro de 2012.

Xunta de Galicia.Durante os próximos cursos académicos, a lingua galega continuará coa súa proxección grazas aos acordos de colaboración para a docencia, investigación e promoción da lingua e da literatura das culturas galegas, asinados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa Universitat de Barcelona, a Universidade Federal de Baía (Brasil) e na Rupercht-Karls Universität Heidelberg (Alemaña).

O acordo recolle que as universidades incluirán no seu plan de estudos unha oferta académica para o seu alumnado que lles permitirá cursar materias de lingua, literatura e cultura galegas.

A Universitat de Barcelona ofertará estas ensinanzas nos dous graos en linguas e literaturas modernas, lingüística, filoloxía románica e en estudos literarios; mentres que a Universidade Federal de Bahía o fará nos plans de estudo do Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas do Instituto de Letras. Pola súa banda, a Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg incorporará estas materias nos plans de estudos das facultades de Linguas Románicas e de Tradución e Interpretación.

Con este tipo de convenios, a Xunta posibilitará que, no curso académico 2012-2013, preto de 2.000 alumnos e alumnas estuden lingua e cultura galegas en universidades de Alemaña, Arxentina, Brasil, Cuba, Croacia, España, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia e Uruguai.

641 lecturas