Tetracampión Gómez Noya

O triatleta ferrolán acada o cuarto título mundial de tríatlon (2008, 2010, 2013 e 2014) tras ser terceiro en Edmonton.

Convértese no mellor da historia igualando ao británico Simon Lessing.

Mario Mola, subcampión.

O ferrolán de Basilea, fillo de emigrantes galegos a Suíza, proclamouse campión do mundo por cuarta vez. Foto: Europa Press
O ferrolán de Basilea, fillo de emigrantes galegos a Suíza, proclamouse campión do mundo por cuarta vez. Foto: Europa Press
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2014.

Un mito do deporte... e galego. 2008, 2010, 2013... e 2014. Campión do mundo por cuarta vez. O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya entra na historia do deporte mundial co seu cuarto título das series mundiais, igualando o récord do británico Simon Lessing. O galego foi terceiro na derradeira proba en Edmonton (Canadá), por detrás de Alistair Brownlee e o mallorquino Mario Mola, que co segundo posto consegue ser subcampión mundial.

Disputaba Gómez Noya a proba final en Canadá con vantaxe: chegáballe con ser cuarto. E adicouse a controlar os seus grandes rivais, Jonathan Brownlee e Mario Mola. Por diante foise o outro Brownlee, Alistair. O ferrolán saíu 17º do segmento da natación, entrou no grupo de cabeza na bicicleta e tirou de Mario Mola e Jonathan Bronwlee na carreira a pé, con Alistair por diante.

Na última volta, Gómez Noya apertou o paso e xunto con Mola deixou atrás a Jonathan Brownlee. O cuarto título estaba xa no peto. Gañou Alistair e o mallorquino, grande amigo do ferrolán, entrou na meta segundo, sinalando cos dedos ao tetracampión, terceiro. Cuarto título para Javier Gómez Noya (Basilea, 25 marzo de 1983), toda unha lenda do deporte mundial. A carreira de Edmonton pon punto e final a unha tempada espectacular do ferrolán, actual prata olímpica, que sumou catro vitorias en sete probas: Auckland, Yokohama, Cidade del Cabo e Chicago.

Pola súa banda, Susana Rodríguez Gacio, xunto coa súa guía Mayalen Noriega, acadaron dúas medallas: prata no Mundial de Ácuatlon paralímpico (categoría PT5) e bronce no Campionato do Mundo de Paratríatlon.

 

Fonte: Galicia Confidencial | Foto: Europa Press

810 lecturas