Dende a Secretaria Xeral de Emigración estreitanse lazos cos empresarios galegos do Brasil

  • Un nutrido grupo de emprendedores de orixe galega de Sao Paulo exploran estes días en Galicia novas alianzas comerciais que lles permitan reinvertir na terra.
  • Diminuír
  • Normal
  • Aumentar

Tamaño actual: 100%

10 votos
Vota positivo!
Vota positivo!
Vota negativo!
Vota negativo!
1984 lecturas,
Venres, 31.07.2009

O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba mantivo un encontro con representantes da Asociación de empresarios galegos en Sao Paulo, presidida por Jesús Caneda Aguiar.

Ambos trazaron novas vías de colaboración que relancen as oportunidades de negocio bilaterais, así como a posta en marcha de novas iniciativas empresariais

O encontro co secretario xeral de Emigración, realizouse no marco dun programa de visitas previsto por este nutrido grupo de emprendedores de orixe galega de Sao Paulo, de cara a establecer novas alianzas comerciais que lles permitan reinvestir na terra.