Rodríguez Miranda pide unión de entidades sociais galegas de Bos Aires

Imaxe de arquivo do presidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración en Oseira cos rapaces e rapazas de Conecta con Galicia
Imaxe de arquivo do presidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración en Oseira cos rapaces e rapazas de Conecta con Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 26 de novembro de 2013.

O secretario xeral da Emigración do Goberno galego, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe un centro de persoas xubiladas galegas de Bos Aires e pediu pola unión das entidades galegas de Arxentina.

"A idea é intensificar a preocupación polas persoas e entidades de contido social e traballar en Bos Aires en forma continua, para que cada día haxa entidades máis fortes. Para iso fai falta un traballo de unión", dixo Rodríguez Miranda durante a súa visita ao centro de xubiladas e xubilados galegos.

Ademais, sostivo que "é necesario reducir o número de entidades e que estas entidades aumenten de tamaño e teñan unha maior base asociativa".

"Somos concientes de que a Galicia moderna e próspera que hoxe temos se foi construíndo ao longo do tempo coa xente do territorio, pero tamén con todos eses galegos que están no exterior, especialmente en Bos Aires," dixo Rodríguez Miranda.

Sostivo que as e os emigrantes galegos que viven en Bos Aires lle transmitiron un "agradecemento profundo por todo o esforzo que saben que Galicia está facendo".

"A pesar das nosas dificultades económicas, Galicia non vai abandonar o traballo coa súa Galicia exterior" ", agregou.

O secretario xeral de Emigración da Xunta conclúe hoxe a súa visita aos emigrantes galegos e galegas en Arxentina, que comezou o domingo pasado e continúo cunha fugaz visita a Uruguai onte, luns, para volver hoxe a Bos Aires.

O domingo, Rodríguez Miranda participou dunha homenaxe polo 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, da poetisa Rosalía de Castro.

Esta tarde entregará as "compostelas" (acreditacións oficiais de ter realizado o Camiño de Santiago) aos nenos e nenas participantes no programa Conecta con Galicia, xunto co deán da catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez.

Esta é a segunda visita a Arxentina do secretario xeral da Emigración do Goberno galego dende que tomara posesión do seu cargo.

Fonte: Axencia EFE - Delegación Arxentina

573 lecturas