Participación de AEGU no Encontro de Presidentes organizado polo IGAPE en Santiago de Compostela

Héctor Álvarez, presidente da Asociación Empresarios Gallegos del Uruguay, asistiu á xuntanza que se celebrou na capital galega.

Na imaxe, asistentes á xuntaza celebrada en Santiago de Compostela. Foto: www.aegu.org.uy
Na imaxe, asistentes á xuntaza celebrada en Santiago de Compostela. Foto: www.aegu.org.uy
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo, 22 de febreiro de 2013.

O Presidente de AEGU participou na reunión organizada polo IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), en Santiago de Compostela, no marco dos convenios de colaboración entre ese Instituto e as Asociacións de Empresarios de Orixe Galega.

Na oportunidade, entre outros temas, considerouse a situación do Convenio e o Grao de cumprimento no ano 2012 e o Plan de actuacións para 2013. As Asociacións de Empresarios presentes (Arxentina, Río de Xaneiro, México, Portugal, República Dominicana, Venezuela, Estados Unidos, Madrid, Cataluña, Aragón e Uruguai) presentaron unha posición común, previamente acordada, de colaboración ampla con IGAPE e entre elas para xerar oportunidades reais de comercio e investimento. A reunión contou coa participación, ademais das autoridades de IGAPE, do Conselleiro de Economía e Industria e do Secretario Xeral da Emigración.

O 12 de febreiro, as persoas representantes das Asociacións de Empresarios Galegos que se encontraban en Santiago de Compostela para asistir á reunión citada por IGAPE, foron recibidos polo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (por proposta de Antonio Cortez -México) quen as introduciu na realidade actual desta, a capacidade desenvolvida en materia de investigación e innovación e as posibilidades de desenvolvementos científicos nos cales poden participar empresas interesadas nos mesmos ou emprendedores e emprendedoras. Mostrouse unha Universidade aberta, con persoal científico e técnico moi compenetrado coas súas tarefas. O presidente de AEGU reuniuse con autoridades da Universidade e intercambiou ideas para un traballo conxunto de promoción e actividades do centro universitario na rexión americana a desenvolverse a partir deste ano.

 

Fonte e foto: www.aegu.org.uy

993 lecturas