O vicepresidente da Xunta acode ao actos de "Bos Aires Celebra Galicia" na Arxentina

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 14 de setembro de 2014.

Galicia foi a protagonista deste domingo en Bos Aires que encheu a súa arteria principal con todo tipo de expresións culturais da nosa terra. O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral de Emigración participaron nos actos da iniciativa chamada 'Bos Aires celebra Galicia', e que tivo como obxectivo difundir a nosa cultura e afondar nos vínculos transatlánticos.

Para que non faltase nada, a chuvia presidiu a celebración de "Bos Aires celebra Galicia", unha iniciativa que reuniu na capital arxentina as asociacións galegas de emigrantes nese país e outras procedentes de Chile e o Uruguai.

Unha multitude pasou toda a xornada na céntrica avenida de Maio, para desfrutar da nosa gastronomía, música, baile e outras expresións artísticas coa que acceder a unha imaxe de Galicia actual.

"A Xunta nesa lexislatura intenta a reunificación dos colectivos de emigrantes pois a unidade de acción como se demostrou o éxito desta convocatoria en Bos Aires ten resultados positivos", di o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

A festa comezou cunha procesión en honra do Apóstolo Santiago e as colectividades galegas abriron unha campaña para pedirlle ao Papa arxentino que visite Santiago de Compostela.

"O Papa debe saber que se ven a Galicia, recibirémolo igual de ben que se viñese a sua Arxentina natal", asegurou Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración.

Dado o éxito da iniciativa non se descarta que se repita e que o "Bos Aires celebra Galicia" se converta nunha convocatoria anual.

Fonte: CRTVG

1490 lecturas