O conselleiro de Cultura e Educación reúnese na Cidade da Cultura con alumnado alemán descendente de emigrantes españois e españolas

As rapazas e rapaces, de entre 14 e 18 anos, estudan lingua e cultura do seu país de orixe.

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse na Cidade da Cultura con 19 alumnas e alumnos alemáns de entre 14 e 18 anos descendentes de persoas emigrantes españolas, algúns delas galegas. Foto: Xoán Crespo
    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse na Cidade da Cultura con 19 alumnas e alumnos alemáns de entre 14 e 18 anos descendentes de persoas emigrantes españolas, algúns delas galegas. Foto: Xoán Crespo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2014.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse este xoves na Cidade da Cultura con 19 alumnas e alumnos alemáns de entre 14 e 18 anos descendentes de emigrantes españolas e españois, algúns deles galegos. As e os visitantes participan no programa de Aulas de Lingua e Cultura Españolas no Exterior (ALCE), a través do que o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte dá a coñecer a descendentes de persoas españolas residentes no estranxeiro o idioma e cultura do seu país de orixe. En Alemaña o programa conta con sedes en Stuttgart, Fráncfort e Hamburgo, aínda que as clases se imparten en diferentes localidades do territorio do país teutón.

Durante a visita que realizan a Galicia, no marco das que todos os anos fan a diferentes comunidades autónomas, as alumnas e alumnos terán a oportunidade de coñecer a Cidade da Cultura así como diferentes elementos senlleiros da nosa historia e patrimonio.

1017 lecturas