Miranda visita á colectividade galega de Salamanca e participa no concerto de Nadal do Club de Xornalistas Galegos en Madrid

  • Imaxe da celebración de Nadal no Centro  Galego de Salamanca
    Imaxe da celebración de Nadal no Centro Galego de Salamanca
  • Imaxe da celebración de Nadal no Centro  Galego de Salamanca
    Imaxe da celebración de Nadal no Centro Galego de Salamanca
  • Imaxe da celebración do IIIº Nadal Galego do Club de Xornalistas Galegos en Madrid
    Imaxe da celebración do IIIº Nadal Galego do Club de Xornalistas Galegos en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta fin de semana Salamanca e Madrid, onde compartiu cadansúa celebración de Nadal co Centro Galego da cidade castelá leonesa, e co Club de Xornalistas Galegos na capital española.

Así, o sábado á mañá foi recibido nas instalacións do Centro Galego de Salamanca polo seu presidente, José Ignacio Paz, persoas membros da xunta directiva, e socios e socias da entidade, da man de quen coñeceu as actividades que desenvolve esta colectividade, fundada no ano 1957 por unha serie de personalidades destacadas da vida social salmantina con orixe galega. O secretario xeral compartiu cos socios e socias a celebración de Nadal prevista ao mediodía.

O Centro posúe un local social con instalación hostaleira e salóns de usos múltiples para exposicións e conferencias, sala lúdica, salón de prensa, e unha importante biblioteca con máis de catro mil volumes. Asemade, a entidade é propietaria dunha finca nunha localidade próxima, coa que a entidade atrae á mocidade a participar activamente na vida do centro.

Concerto de Nadal
O propio sábado á noite, Miranda participou no Concerto de Nadal que cada ano organiza o Club de Xornalistas Galegos en Madrid, que preside Pilar Falcón, e no que participan tanto outras asociacións sectoriais galegas con sede na capital española, como as casas e centros galegos da Comunidade de Madrid.

Precisamente, durante o evento o Club organizador homenaxeou ao Coro Anduriña do Centro Galego de Móstoles, ao Centro Galego do Noroeste-Vilalba, á Banda de Gaitas Lume de Biqueira, ao Coro Rosalía de Castro de Madrid, á Asociación Galega Corredor do Henares, e a Xuntanza de Galegos de Alcobendas.

Neste Concerto de Nadal, no que colabora Galicia Calidade, tivo lugar no Centro Cultural Eduardo Úrculo, e nel interviron a cupletista Olga María Ramos e o seu pianista Pablo Jiménez, e mailos músicos Óscar Ibáñez & Tribo.

1291 lecturas