Igualdade desenvolve con Médicos do Mundo un programa de asistencia a mulleres inmigrantes vítimas da prostitución, cun presuposto de 111.000 euros

Forma parte do programa de colaboración da Xunta coas entidades que traballan neste eido en Galicia, dotado cun presuposto de 964.000 euros desde a súa posta en marcha en 2010.

  • A secretaria xeral da Igualdade reuniuse cunha representación da directiva de Médicos do Mundo de Galicia. Foto: Ana Varela.
    A secretaria xeral da Igualdade reuniuse cunha representación da directiva de Médicos do Mundo de Galicia. Foto: Ana Varela.
  • A secretaria xeral da Igualdade reuniuse cunha representación da directiva de Médicos do Mundo de Galicia. Foto: Ana Varela.
    A secretaria xeral da Igualdade reuniuse cunha representación da directiva de Médicos do Mundo de Galicia. Foto: Ana Varela.
  • A secretaria xeral da Igualdade reuniuse cunha representación da directiva de Médicos do Mundo de Galicia. Foto: Ana Varela.
    A secretaria xeral da Igualdade reuniuse cunha representación da directiva de Médicos do Mundo de Galicia. Foto: Ana Varela.
Listen to this page using ReadSpeaker
4 de setembro de 2012.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuníuse onte cunha representación da directiva de Médicos do Mundo de Galicia, formada pola presidenta, Nieves Turienzo, e a coordinadora, Ana Mateo, para avaliar o programa de atención a mulleres en situación de prostitución ou trata con fins de explotación sexual, que desenvolve a entidade en virtude dun convenio de colaboración con Igualdade. Ao abeiro deste acordo, a organización atendeu nos seis primeiros meses deste ano un total de 735 casos, segundo informaron na xuntanza as súas responsables, que destacaron “a oportunidade especial desta iniciativa neste momento, na medida que asegura a atención a este colectivo de mulleres”.

Esta colaboración con Médicos do Mundo de Galicia está enmarcada no programa da Secretaría Xeral da Igualdade de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución ou trata con fins de explotación sexual, iniciado en 2010 coa colaboración de nove ONGs e entidades especializadas na asistencia a estas vítimas. Amais de Médicos do Mundo, participan Cruz Vermella, os Centros Vagalume e Alumar de Cáritas de Santiago e de Ourense, o Centro O Mencer das Oblatas de Ferrol, Adoratrices de Ourense, a Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), a Asociación Ecos do Sur e a Asociación Faraxa.

Durante a xuntanza, a titular de Igualdade, Susana López Abella, suliñou o compromiso mantido da Xunta de Galicia neste eido, a través deste programa ao que se destinou ao longo dos tres primeiros anos un presuposto de 964.000 euros, dos que Médicos do Mundo percibíu 111.000 euros.

6.173 mulleres asistidas
Este programa está enmarcado no protocolo de actuación institucional asinado pola Xunta de Galicia e a Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma ao obxecto de articular unha liña de actuación conxunta multidisciplinar dirixida a combater a trata de seres humanos con fins de explotación sexual e dar unha resposta integral e específica ás mulleres inmigrantes que exercen a prostitución en Galicia, vítimas desta problemática. Durante o periodo 2010-2011, as entidades asistiron a un total de 6.173 mulleres en Galicia -2.632 na provincia de Pontevedra, 2.114 na Coruña, 1.069 en Ourense e 358 en Lugo.

1211 lecturas