Feijóo destaca a vocación internacional de Galicia para construír un futuro de progreso grazas ao talento do seu capital humano

O titular da Xunta presidiu a celebración do Capítulo Extraordinario Xacobeo-Franciscano da Enxebre Orde da Vieira, un acto no que foron investidos os novos e as novas cofrades da orde e se entregaron os seus galardóns anuais.

Sinala que as persoas condecoradas por esta enxebre orde, a quen convida a ser “voceiros dunha terra aberta ao mundo”, son “galegos, de nacemento ou de sentimento, ou fillos da emigración, que teñen contribuído a enaltecer o nome de Galicia e a ser parte activa do seu progreso como país”.

Asegura que o emblema da vieira “simboliza o amor pola terra, o compromiso con Galicia, o traballo e o talento galego e, igual que identifica os miles de peregrinos de todo o mundo que percorren desde hai séculos a ruta a Compostela, tamén é un selo de identidade para esa parte do noso pobo que, desde a diáspora, conforma a quinta provincia galega”.

Destaca que a Enxebre Orde da Vieira, que leva recoñecido o labor de máis dun milleiro de galegos e galegas tanto neste país como naqueles ata onde se estenden os lazos da emigración, capitaliza os valores da tradición xacobea e atopa no Camiño de Santiago a inspiración á súa primixenia vocación de galeguidade.

  • O titular da Xunta presidiu a celebración do Capítulo Extraordinario Xacobeo-Franciscano da Enxebre Orde da Vieira, un acto no que foron investidos os novos e as novas cofrades da orde e se entregaron os seus galardóns anuais. Foto: Conchi Paz
    O titular da Xunta presidiu a celebración do Capítulo Extraordinario Xacobeo-Franciscano da Enxebre Orde da Vieira, un acto no que foron investidos os novos e as novas cofrades da orde e se entregaron os seus galardóns anuais. Foto: Conchi Paz

  • O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, durante o acto. Foto: Conchi Paz
    O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, durante o acto. Foto: Conchi Paz
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2014.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a vocación internacional de Galicia para construír un futuro de progreso desde a unidade e a suma de esforzos, e aproveitando o talento do seu capital humano. Así o manifestou durante a celebración do Capítulo Extraordinario Xacobeo-Franciscano da Enxebre Orde da Vieira, un acto no que foron investidos as novas e os novos cofrades da orde e se entregaron os seus galardóns anuais.

O mandatario autonómico sinalou que as persoas condecoradas por esta enxebre orde, a quen convidou a ser “voceiros dunha terra aberta ao mundo”, son “galegos, de nacemento ou de sentimento, ou fillos da emigración, que teñen contribuído a enaltecer o nome de Galicia e a ser parte activa do seu progreso como país”. O emblema da vieira, dixo, “simboliza o amor pola terra, o compromiso con Galicia, o traballo e o talento galego e, igual que identifica os miles de peregrinos de todo o mundo que percorren desde hai séculos a ruta a Compostela, tamén é un selo de identidade para esa parte do noso pobo que, desde a diáspora, conforma a quinta provincia galega”, apostilou.

A Enxebre Orde da Vieira que, segundo resaltou, leva recoñecido o labor de máis dun milleiro de galegos e galegas tanto neste país como naqueles ata onde se estenden os lazos da emigración, “capitaliza os valores da tradición xacobea e atopa no Camiño de Santiago a inspiración á súa primixenia vocación de galeguidade”, indicou.

Compromiso de galeguidade
Sobre as persoas galardoadas, Feijóo salientou que teñen un fondo arraigo na cultura desta terra, á fronte de institucións que velan pola defensa e a divulgación do idioma galego, como Xesús Alonso Montero desde a presidencia da Real Academia Galega, ou, no caso da Fundación Penzol, por ser “a custodia documental da historia de Galicia”. Así mesmo, destacou que tamén a música tradicional está presente nestas distincións a través do recoñecemento á traxectoria artística de Susana Seivane, unha gaiteira, apuntou, “que leva no apelido a mestría do son galego máis artesán”.

Por outra banda, en relación ás e aos nomeados como novos cofrades da orde, puxo de relevo o labor empresarial de emprendedores e emprendedoras que souberon facer do sector agrario unha sólida industria, como Manuel Gómez Franqueira, presidente do Grupo Coren desde 1986. De “quen aposta polo potencial da economía galega á fronte da Consellería de Economía e Industria”, Francisco Conde; de empresarios ao outro lado do Atlántico, como Ricardo Javier González Fernández, en Venezuela, ou como o panameño Gerardo García Gómez.

De igual xeito, coa distinción que recibiron hoxe Domingo Bello Janeiro, Antonio Fernández Buján, ou o arxentino Juan Carlos Cassagne, asegurou que se recoñece o mérito profesional destes tres xuristas e “a importancia do Dereito como baluarte da democracia”.

Logo de referirse aos nomeamentos de Monseñor Rodríguez Carballo e de Francisco Javier Castro Miramontes, reitor do Convento San Fracisco; Feijóo resaltou, tamén, o recoñecemento que fan estes galardóns ao mundo da arte, do xornalismo e do cine a través do labor de historiadores como José Manuel García Iglesias, do xornalista Lois Caeiro ou, desde Miami, de empresarios cinematográficos como Carlos Vasallo Tomé.

741 lecturas