Conde avanza xunto co sector na proxección exterior do naval galego durante o encontro Enmar en México

O conselleiro de Economía e Industria salienta na feira internacional de Mazatlán a capacidade tecnolóxica e a innovación dos estaleiros galegos e a industria auxiliar.

Subliña o respaldo da Xunta ao sector, que ten permitido conseguir importantes acordos en diferentes países.

Empresas do naval de Vigo, A Coruña e Ferrol están a manter contactos con potenciais clientes a nivel internacional, e afondando nas posibilidades de cooperación con outras compañías participantes.

Conde avalía co gobernador do Estado de Sinaloa, Mario López, posibilidades de negocio en áreas de actividade como o naval, as renovables ou a industria agroalimentaria.

  • O conselleiro salienta en Mazatlán a capacidade tecnolóxica e a innovación dos estaleiros galegos e a industria auxiliar
    O conselleiro salienta en Mazatlán a capacidade tecnolóxica e a innovación dos estaleiros galegos e a industria auxiliar
  • O conselleiro salienta en Mazatlán a capacidade tecnolóxica e a innovación dos estaleiros galegos e a industria auxiliar
    O conselleiro salienta en Mazatlán a capacidade tecnolóxica e a innovación dos estaleiros galegos e a industria auxiliar
  • O conselleiro salienta en Mazatlán a capacidade tecnolóxica e a innovación dos estaleiros galegos e a industria auxiliar
    O conselleiro salienta en Mazatlán a capacidade tecnolóxica e a innovación dos estaleiros galegos e a industria auxiliar
Listen to this page using ReadSpeaker
Mazatlán (México), 13 de xuño de 2013.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe no Encontro de Negocios Marítimos Enmar, que se está a celebrar na cidade de Mazatlán, en Sinaloa, a capacidade tecnolóxica e a innovación do sector naval galego, poñendo de relevo a competitividade tanto dos estaleiros como da industria auxiliar.

Na súa visita ao stand da Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), Conde asegurou que a participación neste encontro permite avanzar na proxección exterior do naval, promovendo oportunidades de negocio con empresas e clientes de todo o mundo e avanzando así cara o obxectivo de que o sector recupere o seu liderado a nivel internacional.

Neste sentido, o conselleiro reiterou o apoio firme e constante da Xunta, cuxo traballo xunto coas empresas do sector ten logrado importantes avances, así como a consecución de acordos en diferentes países e alianzas como a establecida con Pemex, que ten permitido xa a contratación de dous floteis e a entrada da petroleira en Barreras, así como a ubicación da base loxística da compañía mexicana no Porto Exterior de punta Langosteira na Coruña.

O conselleiro de Economía e Industria apuntou que a participación en encontros deste tipo permite ás empresas galegas non só manter diferentes contactos e identificar potenciais clientes a nivel internacional, senón tamén afondar en posibilidades de cooperación e estratexias conxuntas con compañías doutros países.

Ademais de Aclunaga, que está a promover a imaxe e as potencialidades do sector no seu conxunto, asisten a esta feira internacional empresas do naval de Vigo, Ferrol, e a A Coruña, como Navantia, Freire, Astilleros José Valiña, Ibercisa, Gabadi, Ghenova, Industrias Ferri ou Nodosa.

Posibilidades de negocio con Sinaloa
Durante a xornada de hoxe, o conselleiro tivo tamén a oportunidade de tratar co gobernador de Sinaloa, Mario López Valdez, as posibilidades de colaboración entre empresas de Galicia e deste Estado mexicano e avaliar sinerxías entre as liñas estratéxicas do desenvolvemento económico de Sinaloa e a estratexia de internacionalización da Xunta.

O conselleiro de Economía e Industria resaltou a fiabilidade e a confianza que ofrece Galicia como territorio para investir, salientando as oportunidades de cooperación en sectores como o naval, as enerxías renovables, a agroindustria, a pesca e a acuicultura, o téxtil ou o turismo.

Situado na costa noroeste do país, Sinaloa é o Estado agrícola máis importante de México, e conta ademais coa segunda flota pesqueira máis importante do país, así como cunha importante industria transformadora.

O Encontro de Negocios Marítimos de Mazatlán está impulsado pola Cámara Nacional da Industria de Transformación (Canacintra), a industria marítima e diversas oficinas de fomento dos gobernos federal e estatal. O encontro continuará mañá, albergando diferentes presentacións de empresas e institucións mexicanas e internacionais.

966 lecturas