Alfonso Rueda e Rodriguez Miranda visitan o Colexio Santiago Apóstol do Centro Galego de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 12 de setembro de 2014.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda visitaron hoxe o colexio Santiago Apóstol do Centro Galicia acompañado polo adxunto ao Xefe de Goberno de Bos Aires, Horacio Rodríguez.

Rueda resaltou que a posta en marcha deste centro no ano 1998 supuxo a culminación de moitos esforzos da colectividade galega que tiñan coma máxima prioridade proporcionar unha educación de calidade ós seus descendentes para convertelos en sucesores e transmisores da esencia patrimonial galega na capital arxentina

O Colexio Santiago Apóstol conta con máis de 500 alumnos dos que máis do 80% son descendentes de galegos, e foi creado por iniciativa da Xunta de Galicia e do Centro Galicia de Bos Aires co valor engadido da lingua e cultura galegas, ca finalidade principal de propagar e soster unha educación baseada nos principios biculturais arxentino-galegos que cimenten as bases da colectividade galega na Arxentina.

O Centro Galicia nace no ano 1979, como froito dos xa existentes centros coruñés, ourensán, lucense e pontevedrés, e co fin prioritario de agrupar a tódolos galegos de Bos Aires en diversos eidos, desde a cultura ao deporte, empregado de maneira singular coma vehículo de unión e de integración. O gran número de socios da entidade máis de dez mil, convérteo nun referente importante da diáspora galega non só en Arxentina, senón en todo o mundo.

No ano 2005 concedeuse a Medalla de Galicia na categoría de Prata, ao Colexio Santiago Apóstol de Buenos Aires, que forma parte do Centro Galicia. A entidade posúe un local social en propiedade de máis de 14.500 metros cadrados, dos que case a metade confórmanos o propio Colexio, e conta tamén cun amplísimo campo de deportes e finca de recreo, de 11 hectáreas, na zona de Olivos.

902 lecturas