Feijóo: “non imos esquecer nunca que hai tres heroes que están na memoria colectiva do pobo de Galicia”

Versión para impresiónVersión PDFEnviar a un amigoFacebookTwitter
1 voto
Vota positivo!
Vota positivo!
Vota negativo!
Vota negativo!
159 lecturas,
Domingo, 05.02.2012
  • Agradece todos os medios que o Goberno de España, a Xunta e o Concello da Coruña puxeron a disposición para recuperar os corpos dos tres funcionarios públicos do Corpo Nacional de Policía.
  • Destaca as mostras de solidariedade recibidas desde toda España durante todo este proceso.
  • O presidente da Xunta asistiu na tarde do venres ao acto de condecoración, a título póstumo, coa Medalla de Ouro ao Mérito Polic
    O presidente da Xunta asistiu na tarde do venres ao acto de condecoración, a título póstumo, coa Medalla de Ouro ao Mérito Polic

“Non imos esquecer nunca que hai tres heroes que están na memoria colectiva do pobo de Galicia”. Con estas palabras, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo recordar aos tres policías falecidos a pasada semana na praia coruñesa do Orzán.

Feijóo, que asistiu na tarde do venres ao acto de condecoración, a título póstumo, coa Medalla de Ouro ao Mérito Policial a Rodrigo Maseda, un dos policías falecidos, afirmou que o pobo galego non vai esquecer que hai tres persoas que deron a vida nun acto de servizo. As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e, neste caso, a Policía acaban de acreditar que son persoas que están adestradas para salvar, incluso poñendo en risco a súa propia vida. E estas cousas, que ás veces as esquecemos, lamentablemente témolas que recordar cunha traxedia desta natureza”.

O presidente galego quixo agradecer todos os medios que o Goberno de España, a Xunta e o Concello da Coruña puxeron a disposición para recuperar os corpos dos tres funcionarios públicos do Corpo Nacional de Policía. “Agradecer ao Ministerio do Interior a decisión, desde o primeiro momento, na mobilización de medios e tamén a decisión de conceder unha medalla de ouro a título póstumo para que os seus causahabientes poidan ter un recordo permanente da súa folla de servizos”.

Por último, o presidente do Goberno galego quixo agradecer ao alcalde de Burela e ao alcalde de Friol “o agarimo que tiveron, desde o primeiro momento, coas familias”; así como as mostras de solidariedade recibidas desde toda España durante todo este proceso “porque estes policías –concluíu-, non os podemos esquecer, forman parte da gran obra que fan todos os días os policías nacionais e a Garda Civil”.