Novas
Buscador de novas dos últimos 6 meses
-
A Xunta aumenta de 70.000 a 170.000 euros a partida destinada a axudas para persoas emigrantes retornadas
24.05.2013
A Secretaría Xeral de Emigración convocou as axudas para que as e os emigrantes poidan facer fronte aos gastos derivados do seu retorno a Galicia, a dotación total da cal aumenta de 70.000 euros o ano pasado aos 170.000 euros desta convocatoria, segundo figura na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia. Estas axudas de carácter extraordinario contan cunha liña para asistir de forma xenérica no retorno as e aos emigrantes galegos e galegas e ás e aos seus familiares e outra específica para afrontar gastos de traslado de enxoval, da viaxe de volta e de tradución e legalización de... Máis información
-
Galicia mantense á cabeza de España en número de bandeiras azuis no 2013, con 128 distincións a praias de 36 concellos costeiros
23.05.2013
A Comunidade galega suma dúas novas bandeiras respecto ás concedidas o ano pasado. Galicia acadou esta distinción para un 90% dos areais candidatos nesta edición. Unha de cada catro bandeiras azuis concedidas recaen nalgún areal galego. A Xunta de Galicia felicita aos concellos por manter a Galicia como a Comunidade Autónoma española con maior número de bandeiras azuis en 2013. Galicia acadou un total de 128 distincións, dúas mais que en 2012, encabezando un ano máis o ranking español, seguida nesta ocasión pola Comunidade Valenciana (114 bandeiras), Cataluña (90) e Andalucía (78). O número... Máis información
-
A arquitectura viguesa nacida do diñeiro indiano
22.05.2013
O investigador José Ramón Iglesias recolle nun libro a achega de emigrantes con fortuna á paisaxe da cidade e a súa bisbarra. A colección Vigo na memoria, que edita o Instituto de Estudos Vigueses, inclúe, dende esta semana, un completo estudo sobre a influencia das fortunas creadas pola emigración galega en América, as e os coñecidos popularmente como indianos, na arquitectura da bisbarra viguesa. O responsable deste extenso traballo é José Ramón Iglesias Veiga, doutor en Historia da Arte e membro numerario do Instituto de Estudos Vigueses. Arquitectura e indianos na cidade de Vigo e... Máis información
-
Feijóo viaxará a Cuba no segundo semestre deste ano coa prioridade de reforzar o apoio aos 38.000 galegos e galegas afincados nese país e afondar en vínculos económicos
21.05.2013
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ten previsto realizar unha viaxe a Cuba no segundo semestre deste ano 2013, nunha visita que terá como prioridade reforzar o apoio aos galegos e galegas que residen nese país, así como afondar nos vínculos económicos entre Galicia e a illa cubana. O obxectivo principal de Feijóo será visitar aos 38.000 galegas e galegos que residen en Cuba para coñecer de primeira man a súa situación e as súas demandas, de forma que a Xunta poida dar continuidade á permanente defensa dos intereses sociais e asistenciais da colectividade galega na illa... Máis información
-
O Centro Gallego de Rosario homenaxeou a Rosalía de Castro
21.05.2013
O acto, organizado co gallo do 150º aniversario da publicación de "Cantares Galegos", contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro. Tamén se descubriu unha placa alusiva á reinauguración da biblioteca desta histórica entidade galega no país austral, que en 2015 xa será centenaria. O pasado domingo, 19 de maio, o Centro Gallego de Rosario organizou unha homenaxe a Rosalía de Castro no Parque da Independencia da cidade rosarina. Celebrado diante do busto que lembra á insigne poetisa... Máis información
-
Un total de 160 descendentes de emigrantes convivirán con 80 mozos e mozas galegos nos campamentos de verán de Xuventude
20.05.2013
Esta iniciativa permitirá que as e os descendentes de galegos poidan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles aportarán as actividades que protagonizarán nos campamentos. Xa está aberto o prazo para poder participar en calquera destas iniciativas, as e os interesados poderán realizar a inscrición seguindo as instrucións publicadas na web http://xuventude.xunta.es. Terán lugar nas residencias xuvenís LUG II de Lugo e Florentino López Cuevillas de Ourense, así como no albergue de Gandarío da Coruña durante dúas quendas de 12 días no mes de xullo... Máis información
-
Emigración asina en Montevideo un convenio de colaboración co maior hospital mutualista de América Latina
18.05.2013
O secretario xeral da Emigración asistiu, ademais, ao concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez na capital uruguaia, en beneficio doutra entidade senlleira, o Hogar Español de Ancianos. O éxito deste concerto, similar ao celebrado hai uns días en Bos Aires a favor das e dos afectados polas inundacións de La Plata, demostran os bos froitos que dá a colaboración entre as entidades galegas do exterior. Rodríguez Miranda visita asemade nesta fin de semana tres localidades do interior de Arxentina con elevada presenza da diáspora galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
-
INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, NO ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013
17.05.2013
Saúdo cordialmente ao novo Presidente da Real Academia Galega, que recentemente ten tomado posesión do seu cargo; Tamén ás autoridades presentes. Saúdo de xeito especial á viúva e a toda familia de Roberto Vidal Bolaño; Miñas donas e meus señores. Os galegos sabemos que Babel non foi unha maldición. Por experiencia podemos afirmar que a proliferación de linguas non estaba destinada a crear confusión entre os homes e mulleres, senón a apreixar mellor a realidade. Os galegos temos que estar de acordo coa fermosa idea de que a obra da humanidade era demasiado grande e complexa para ser... Máis información
-
A Diáspora en Uruguai celebra o Día das Letras Galegas cun concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez
16.05.2013
A iniciativa, a beneficio do Hogar Español de Ancianos de Montevideo, súmase a moitas outras coas que a Galicia do Exterior conmemora a data. O concerto contará coa asistencia do secretario xeral da Emigración, que comeza unha nova viaxe por Uruguai e Arxentina. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, empeza mañá venres, Día das Letras Galegas, unha nova viaxe oficial polas repúblicas de Uruguai e Arxentina, nas que aproveitará para coñecer novos enclaves da diáspora galega. Miranda aterrará en Montevideo co tempo de saudar en primeiro lugar ao embaixador español en... Máis información
-
O 50% de inmigrantes de segunda xeración séntese español ou española
15.05.2013
O maior estudo realizado neste país confirma un avance constante cara á integración. As e os expertos atribúeno a que non se formaron grandes guetos. O 50% dos fillos e fillas daqueles e daquelas inmigrantes que chegaron a España na década dos noventa, hoxe adolescentes, séntense españois ou españolas. A porcentaxe é aínda maior entre as e os que naceron no país (80%) fronte ás e aos que chegaron a idades temperás. Así o conclúe a Investigación Lonxitudinal sobre a Segunda Xeración en España, elaborada polo Instituto Universitario Ortega y Gasset e a Universidade de Princeton, publicada onte... Máis información











