Novas
Buscador de novas dos últimos 6 meses
-
Grugalma celebra as súas XXIX Xornadas de cultura galega na Casa de Galicia en Madrid
20.06.2013
Dedicadas a Fernando El Católico e San Francisco de Asís, co título "Dous personaxes que deron celebridade ao Camiño de Santiago". O Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma), que preside o profesor Manuel Mourelle de Lema, iniciou hoxe na Casa de Galicia as súas XXIX Xornadas de Cultura Galega, que finalizarán mañá. Esta edición ten por título Dous personaxes que deron celebridade ao Camiño de Santiago e céntrase nas figuras do Rei Fernando V de Castela, Fernando El Católico, nos 497 anos da súa morte, e de San Francisco de Asís, ante o próximo VIII Centenario da súa... Máis información
-
Exposición sobre a emigración e o asociacionismo galego na Casa de Cultura de Elgoibar
19.06.2013
Tras percorrer distintas cidades de España, Europa e América, "Nós mesmos: Asociacionismo galego na emigración" inaugúrase hoxe na vila guipuscoana, onde permanecerá aberta ao público ata o 29 deste mes. A mostra, realizada polo Consello da Cultura Galega a través do seu Arquivo da Emigración Galega, contou coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. A emigración galega é o fío argumental sobre o que xira a mostra que a Casa Cultural de Galicia de Elgoibar abre hoxe ao público na Casa de Cultura. A sala recolle unha serie de paneis nos que as e os... Máis información
-
O Centro Galego de Lleida celebrou, un ano máis, o Día das Letras Galegas
18.06.2013
Unha conferencia sobre Roberto Vidal Bolaño, a actuación da Coral Cengallei da entidade galega na cidade catalana e unha cea de Irmandade centraron os actos conmemorativos deste ano. O pásado sábado 15 de Xuño o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) celebrou o Día das Letras Galegas 2013, que neste ano conmemora tamén o 150º Aniversario da publicación de Cantares Gallegos (1863), a obra de Rosalía de Castro que dou comezo ao que se denomina Rexurdimento da literatura e a cultura de Galicia. Ás 20,00 h., no Institut d'Estudis Ilerdencs da capital catalana, Manoel Carrete Rivera,... Máis información
-
Chegan as cen primeiras persoas participantes na edición 2013 do programa “Reencontros na Casa”
17.06.2013
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegarase recibir un segundo continxente o vindeiro mércores. A iniciativa forma parte da aposta do Goberno galego por manter o investimento en políticas sociais que beneficien directamente á cidadanía. As e os cen primeiros participantes da edición deste ano do programa “Reencontros na Casa”, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, comezaron chegar hoxe luns aos aeroportos de Lavacolla e Alvedro. O vindeiro mércores chegará o outro continxente de beneficiarios e beneficiarias a ambos aeroportos, ata acadar a cifra total... Máis información
-
A Xunta valora a aprobación do dominio puntoGal como un logro histórico para a proxección da lingua e a cultura galegas
17.06.2013
O Goberno galego felicita a todas as institucións e cidadáns e cidadás que avalaron esta iniciativa, liderada pola Asociación PuntoGal. A Administración autonómica vén apoiando institucional e financeiramente a candidatura desde os seus inicios cunha achega de 490.000 euros nos últimos seis anos. O ICANN, o organismo internacional que goberna as direccións en Internet, informaba onte da aprobación da candidatura do dominio “.gal”, un logro histórico para Galicia, que contará cun espazo propio na rede, favorecendo a divulgación da lingua e a cultura galegas. A Xunta de Galicia quere felicitar... Máis información
-
O conselleiro de Economía subliña no Centro Galego do Perú o “espírito emprendedor” das galegas e os galegos emigrados ao país andino
16.06.2013
Francisco Conde rematou a súa viaxe a Perú reuníndose coa asociación, que impulsa numerosas iniciativas entre a comunidade de galegos e galegas do país. O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, rematou a súa viaxe a Perú, que está a ter un marcado carácter empresarial, reuníndose coas e cos membros do Centro Galego do Perú, unha activa asociación que preside Francisco Prieto e que conta con máis de 130 persoas asociadas. Durante o encontro o conselleiro salientou o “espírito emprendedor” das e dos emigrantes galegos no país andino, lembrando historias como a das familias de... Máis información
-
Na procura dun lugar de honra para o galego nos EE.UU.
16.06.2013
Arredor de 300 sinaturas apoian a proposta para que os estudos galegos conten cunha sección propia e un grupo de debate na Modern Language Association. Profesorado, catedráticos, decanos, e mesmo reitores de universidades como Berkeley, Yale ou Columbia, enviaron o seu apoio. O galego pode ter presenza nun dos órganos de maior prestixio lingüístico de Estados Unidos; a Modern Language Association. Iso se prospera a iniciativa xurdida na González-Millán Galician Studies, que axiña se espallou polo mundo académico, tanto galego coma norteamericano, e que xa recibiu apoios de reitores, decanos... Máis información
-
Conde subliña as importantes oportunidades que ofrece Perú para as empresas galegas en sectores como o naval, a metalmecánica ou a construción
15.06.2013
O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro co embaixador de España en Lima, Juan Carlos Sánchez, no que avaliaron as diferentes posibilidades de crecemento para o empresariado galego no país andino. Conde subliña a importante vantaxe competitiva que supón a innovación e a alta capacidade tecnolóxica das compañías galegas para entrar en novos mercados como o peruano. A través do servizo de licitacións internacionais SALT, promovido polo Igape, empresas galegas teñen conseguido contratos en Perú por 6 millóns de euros. O conselleiro visitou a consultora galega GOC, que está a... Máis información
-
Conde sinala que as empresas galegas están “nunha magnífica posición” para optar á renovación da flota menor de Pemex
14.06.2013
O conselleiro de Economía e Industria mantivo encontros en Mazatlán con Pemex, a Secretaría de Marina e estaleiros galegos e mexicanos que están participando no proceso. Conde salienta a colaboración entre empresas de Galicia e México para presentar unha oferta “competitiva e diferenciadora”. Freire, Valiña e Gabadi teñen desenvolto desde hai meses un importante traballo de coordinación con estaleiros mexicanos e a industria auxiliar. A participación do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, no Encontro de Negocios Marítimos de Mazatlán (México) serviu para constatar que a... Máis información
-
Conde salienta en Lima que as empresarias e os empresarios galegos no exterior son “os auténticos embaixadores da Marca Galicia”
14.06.2013
Na súa visita a Perú o conselleiro de Economía e Industria avanza na identificación de novas oportunidades de negocio para as empresas galegas en sectores como o téxtil, a construción, a consultaría, a pesca e a viticultura. Destaca nun encontro con empresarias e empresarios galegos na Cámara Española de Comercio en Perú “o papel clave da galeguidade empresarial na internacionalización. Conde reuniuse coa axencia estatal Promperú para estudar posibles colaboracións co Igape e afianzar así as relacións comerciais entre Galicia e o país americano. O alto desenvolvemento económico do país fai... Máis información











