"UNO", de O.C. Danza, en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
657 lecturas

O sábado 16 de xuño O.C. Danza representará, na sede da Asociación Residentes de Mos en Bos Aires, o seu espectáculo UNO. Esta Compañía de recente creación desenvolve, ao longo dunha hora, un espectáculo de danza e música galega na que tradición e modernidade se dan a man para poñer en escena unha obra única.

Ao elenco habitual de artistas uniranse, con motivo da ocasión, as bailarinas Micaela Delicia, Faba Crespo, Gloria Lopez, Giselle Bustos e os músicos Nicolas Perez, Pablo Rocco e Gaston Ivan Peralta e, en calidade de artistas invitados contarase coa presenza de Alberto Lopez e Luján Martinez, ambos os dous profesores da Institución.

O prezo da entrada en despacho é de $ 30'00, por anticipado de $ 25'00 e para os nenos e nenas ata 12 anos é de $ 15'00.

"UNO", de O.C. Danza, representarase en Bos Aires
Evento: 
Representación
Organiza: 
O.C. Danza
Data: 
16.06.2012
Hora: 
21,00
Lugar:
Asociación Galega Residentes de Mos
Humberto Primo, 3051
Buenos Aires - 1231
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: