Inauguración da exposición "Museoloxía Social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina"

Listen to this page using ReadSpeaker
1085 lecturas

O xoves 10 de xullo ás 20,00 h., na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, inaugúrase a exposición Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina, dentro do proxecto que co mesmo nome están a desenvolver conxuntamente a Deputación de Lugo, a Asociación Rioplatenses de Lugo e Tango Club Galicia.

O acto de inauguración contará coa presenza do deputado delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, representantes das asociación colaboradoras neste proxecto e Roberto E. Gudiño, cónsul xeral do consulado da República Arxentina en Vigo. A música corre a cargo do arxentino, residente en Galicia, Juan Carlos Cambas. A entrada é de balde.

Inauguración da exposición "Museoloxía Social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina"
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Deputación de Lugo, Asociación Rioplatenses de Lugo & Tango Club Galicia
Data: 
10.07.2014
Hora: 
20,00
Lugar:
Pazo de San Marcos - Edificio da Deputación Provincial
San Marcos, s/n
Lugo - 27001 Lugo
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: