III Concurso de relato breve "Rosalía de Castro" do Lar Gallego de Chile

Listen to this page using ReadSpeaker
1082 lecturas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2014, a Corporación Lar Gallego de Chile convoca o III Concurso de Relato Breve "Rosalía de Castro".

Bases:

  1. Poderán concorrer a este certame todas as persoas das colectividades hispanas con presenza en Chile que o desexen, as/os seus/súas descendentes, colaboradores/as, amigos/as e simpatizantes, non importando a súa nacionalidade.
  2. As obras poden ser presentadas en calquera das linguas recoñecidas polo estado español, e en máis dunha destas, podendo estar escrita parte dela en castelán e parte dela nas linguas co-oficiais (galego, catalán, éuscaro). En caso de estar escrita en linguas co-oficiais, débese agregar a tradución das frases, parágrafos ou textos completos, segundo corresponda.
  3. A modalidade é relato breve, sen superar as tres carillas (3) de extensión asinadas con pseudónimo. Letra Times New Roman 12, espazo simple e folla tamaño carta (marxe normal).
  4. Os orixinais deben ser inéditos. Poderase tratar calquera tema que resalte valores humanos, persoais, da diáspora, historias de vida, da emigración ou relacionados a Chile, Galicia e/ou España ou Ibéricos (só unha obra por autor/a).
  5. O prazo para a súa presentación vence o día 15 de abril de 2014. Admitiranse as obras que fosen enviadas por correo e teñan cuño de orixe desta data ou anterior.
  6. As obras deberán ser enviadas en número de cinco (5) exemplares á Corporación Lar Gallego, Concurso Literario, Dirección: Nevería Nº 4855, Las Condes, Santiago, Chile. No remitente deste sobre indicarase o pseudónimo do/a autor/a. Nun segundo sobre, asinado con pseudónimo e dirixido á Corporación Lar Gallego, incluirase dentro deste os datos persoais do/a autor/a: nomes e apelidos, dirección, teléfono (s) de contacto, correo electrónico, número de RUT e nota biográfica (breve).
  7. O xurado estará composto por cinco (5) representantes designados pola Corporación Lar Gallego, cuxos nomes se darán a coñecer no momento do fallo do xurado, que será o 2 de maio de 2014.
  8. Os/as xuíces/xuízas seleccionarán catro (4) obras finalistas, entre as cales dirimirán un primeiro premio e tres mencións honrosas.
  9. Premiamento. A cerimonia realizarase na Biblioteca Antonio de Nebrija do Estadio Español de Las Condes o día 17 de maio de 2014. A obra gañadora recibirá un galvano e será publicada na revista Lonxe da Terriña 2014 e no sitio web da Corporación Lar Gallego www.largallego.cl.
  10. Adicionalmente, distinguirase a tres (3) mencións honorarias, cada unhas das cales obterá un diploma e un libro pola súa participación neste evento literario.
  11. Será imprescindible que o/a (ou os/as) autor(es/as) asista(n) ao acto de premiamento que se organizará para tal fin o 17 de maio de 2014 e/ou na data que se determine para tal efecto. En caso de non asistir o/a (os/as) galardoado/a (s), enténdese que renuncia(n) ao premio. Se o/a galardoado/a ou premiado/a reside no estranxeiro ou en cidades extremas ou afastadas de Santiago de Chile, poderase escusar a súa inasistencia e enviaráselle o recoñecemento por Correos de Chile ou por un Correo Expreso ou Courier.
  12. O prazo de admisión de orixinais queda aberto coa publicación desta convocatoria.
  13. Os relatos non premiados non serán devoltos, sendo destruídos posteriormente ao veredicto do xurado.
  14. O/a galardoado/a permitirá a Corporación Lar Gallego (Lar Gallego de Chile ou Lar Gallego), reproducir a súa obra premiada na revista da entidade, web ou outros medios, tanto en Chile, coma no estranxeiro.

Santiago de Chile, 22 de xaneiro de 2014

III Concurso de relato breve "Rosalía de Castro" do Lar Gallego de Chile
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Lar Gallego
Data: 
15.04.2014
Hora: 
24,00
Lugar:
Lar Gallego de Chile
Neveria, 4855 - Las Condes
Santiago de Chile - 758-0570Region Metropolitana (RM)
Chile
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: