Homenaxe a Rosalía de Castro, en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
730 lecturas

O sábado 6 de maio ás 12:30 h, no Xardín dos Poetas do Rosedal de Palermo, celebrarase unha homenaxe a Rosalía de Castro, co gallo do 180º aniversario do nacemento da máis universal figura das nosas letras.

  • O acto, que se desenvolverá ao pé do busto alí dedicado á poetisa galega, consistirá nunha ofrenda floral e un recital poético, con acompañamento musical
  • O acto estará presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, e contará coas intervencións de escritores/as arxentinos/as (Claudia Piñeiro, José Luis Moure ou Antonio Requeni) e galegos/as (Antón Riveiro Coello, Inma López Silva ou Luís González Tosar) e de Celeste Jacoby e Tomás Sutil, alumnos/as de 5º ano do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol da capital arxentina
Homenaxe a Rosalía de Castro, en Bos Aires
Evento: 
Homenaxe
Organiza: 
Fundación Galicia América
Data: 
06.05.2017
Hora: 
12:30
Lugar:
Jardín de los Poetas, Rosedal de Palermo - Parque 3 de Febrero
Avda. Presidente Pedro Montt, 1180 (Palermo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires, Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: