Festas do Santiago Apóstolo 2014 en Santander

Listen to this page using ReadSpeaker
689 lecturas

O Centro Gallego de Santander celebra as Festas do Santiago Apóstolo 2014.

Programa (picar aquí para descargar completo co da VI Feira de Gastronomía e de Folclore das Casas Rexionais):

  • Martes, 22 de xullo - Salóns do Centro Gallego de Santander
    20,00 h.
    -Saúda de benvida do presidente do Centro Gallego, José Antonio Otero Hermida
    -Pregón das Festas de Santiago, a cargo de Leticia Díaz Rodríguez, conselleira de Presidencia e Xustiza do Goberno de Cantabria
    -Xornada de confraternización coas Casas Rexionais
    21,00 h. Viño galego
  • Venres, 25 de xullo
    11,15 h. Procesión de Santiago, presidida pola Xunta Directiva, autoridades e representacións, con asistencia de socios/as, Grupo Folclórico "Airiños da Terra" e a Asociación del Traje Regional Cántabro de Torrelavega, dende a sede do Centro Gallego (r/ Peña Herbosa 6) á Igrexa de Santa Lucía.
    12,00 h. Misa e ofrenda ao Apóstolo na Igrexa Parroquial de Santa Lucía. Intervirán o Coro Voces de Santander e o Grupo Folclórico da entidade "Airiños da Terra"
    13,00 h. Actuacións na Praza de Cañadío dos grupos folclóricos "Airiños da Terra" e a Asociación del Traje Regional Cántabro de Torrelavega
    14,30 h. Tradicional Xantar Galego de Irmandade nos salóns do Centro, para socios/as, autoridades e simpatizantes
Festas do Santiago Apóstolo 2014 en Santander
Evento: 
Día de Galicia
Organiza: 
Centro Gallego de Santander
Data: 
22.07.2014
25.07.2014
Lugar:
Centro Gallego de Santander
Peña Herbosa, 6
Santander - 39003 Cantabria
España