Curso de inserción laboral para novos/as emigrantes españois/las en Francia

Listen to this page using ReadSpeaker
828 lecturas

Do luns 9 ao sábado 15 de marzo, na súa sede en París, a Federación de Asociaciones y Centros de Emigrantes Españoles en Francia (FACEEF) organiza o Curso de inserción laboral para novos/as emigrantes españois/las en Francia, con información, orientación e asesoramento a través de charlas e talleres de traballo sobre a busca de emprego, a formación profesional ou a creación de empresa.

  • Destinatarios/as:
    -Mozos/as de menos de 35 anos que estean rexistrados/as no consulado español e busquen conseguir traballo en Francia (de non cumprir os requisitos pódense inscribir de todas as maneiras todos/as os/as interesados/as, segundo as prazas dispoñibles aceptarase a inscrición)
  • Temario:
    -A sociedade francesa, a súa organización administrativa e a súa lexislación laboral e social
    -O mercado laboral en Francia e as súas perspectivas
    -Orientación profesional: funcionamento do sistema francés de formación profesional
    -Posibilidades de autoemprego en Francia, etc...
  • Calendario e horarios
    -Do 9 ao 15 de marzo de 9,00 a 14,30 h.
    -30 horas lectivas
  • Inscricións e información:
    -No correo-e nuevaola.faceef@gmail.com
    -No tlf. 01 49 46 35 46
    -Na web nuevaola.faceef.fr e no facebook
Curso de inserción laboral para novos/as emigrantes españois/las en Francia
Evento: 
Curso
Organiza: 
Fédération d’Associations et Centres d’Emigrés Espagnols en France (FACEEF)
Data: 
09.03.2015
Hora: 
9,00
Lugar:
FACEEF
10 rue Cristino Garcia - (La Plaine - Saint Denis)
París - 93210
Francia
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: