Curso de iniciación á lingua galega 2014-2015 da Universidade de Deusto

Listen to this page using ReadSpeaker
791 lecturas

A Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto/Deustuko Unibertsitatea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organiza un curso de iniciación á lingua galega. O curso, orientado a aquelas persoas con escasos ou nulos coñecementos do idioma galego, terá como obxectivo a adquisición dunhas competencias básicas (tanto a nivel oral como escrito), homologables ás que se especifican para os niveis A1 e A2 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas, e estará especialmente orientado para a preparación das probas Celga convocadas pola Xunta de Galicia (http://www.xunta.es/linguagalega/celga).

Horas: 100 horas presenciais
Duración: 27/10/2014 - 27/05/2015
Horario: Luns e mércores, de 19,00 a 21,00 h.
Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e Humanas (Campus de Bilbao). Aula por determinar
Profesorado: Ana Belén Bastos (profesora lectora da Cátedra de Estudos Galegos). Despacho 334-D (telf. 944 139 063, extensións 2493)
Prazo de inscrición: Ata as 12,00 h. do 24 de outubro de 2014
Prezos de inscrición:

  • Xeneral: 380 €
  • Persoal e estudantes da UD: 300 €
  • Persoas desempregadas: 275 €

Matrícula: www.socialesyhumanas.deusto.es

Máis info:

Curso de iniciación á lingua galega 2014-2015 da Universidade de Deusto
Evento: 
Curso
Organiza: 
Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto / Deustuko Unibertsitatea
Data: 
24.10.2014
Hora: 
12,00
Lugar:
Facultad de Ciencias Sociales y Humanas
Deustuko Unibertsitatea (Campus de Bilbao)
Bilbao - 48007Bizkaia
España