Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes de axudas dirixidas a concellos, mancomunidades e consorcios locais para a realización de proxectos destinados ao asesoramento e á formación da poboación inmigrante extracomunitaria en Galicia.2012

Listen to this page using ReadSpeaker
1167 lecturas
PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 4 DE XULLO DE 2012, DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO DIRIXIDAS A CONCELLOS, MANCOMUNIDADES DE CONCELLOS E CONSORCIOS LOCAIS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DESTINADOS AO ASESORAMENTO E A FORMACIÓN DA POBOACIÓN INMIGRANTE EXTRACOMUNITARIA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA PARA O ANO 2012.
Estado: 
Procedemento pechado

Fondo Social EuropeoExaminadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 4 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo dirixidas a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de proxectos destinados ao asesoramento e a formación da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega para o ano 2012, e de acordo co establecido no artigo 11 da devandita resolución, requírese ás entidades locais que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días contados a partir da publicación na páxina web emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados a cada entidade como motivo da emenda.

Advírtese que, segundo o artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 95 75 77 e 981 54 72 72.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web GaliciaAberta https://emigracion.xunta.es.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2012
A Xefa do Servizo de Programas e Atención Integral


Dolores Novo Gutiérrez 

Data de publicación: 
22.08.2012
Data fin de prazo: 
03.09.2012